O pontevedrés Alejandro Muñiz recibe o Trofeo Guruceta ao mellor árbitro da Segunda División

Pontevedra
22 de decembro 2020

Muñiz, aos seus 29 anos e na súa tempada de debut na liga de Fútbol Profesional, foi nomeado como mellor colexiado da categoría nos Premios Marca, que outorga o popular diario deportivo

Alejandro Muñiz, durante o Mirandés-Fuenlabrada da xornada 11 da Segunda División 19/20
Alejandro Muñiz, durante o Mirandés-Fuenlabrada da xornada 11 da Segunda División 19/20

Ten 29 anos e a súa progresión parece non ter fin. Alejandro Muñiz Ruiz, árbitro pontevedrés, logrou un fito ao alcance de moi poucos, ser nomeado como mellor colexiado dunha categoría como a Segunda División no ano do seu debut na Liga de Fútbol Profesional.

Así o recoñeceron os Premios Marca que outorga o popular diario deportivo, designado a Muñiz como o Trofeo Guruceta da pasada tempada.

"É unha grata sorpresa e é sinal de que estamos a traballar en boa liña", recoñeceu o pontevedrés.

"Un cando debuta nunha categoría profesional como a Segunda División o último que che expós é quedar primeiro nun trofeo deste calibre", explicou Muñiz Ruiz.

Con todo Alejandro non se platexa por agora outro reto que non sexa "simplemente seguir crecendo cada partido".