O Teucro confirma a baixa temporal de Marko Dzokic "por cancro testicular"

Pontevedra
07 de xuño 2022

"Estamos contigo, agora máis que nunca a familia azul nunca che soltará a man" defendeu o club pontevedrés apoiando ao que foi o seu capitán a última tempada

Marko Dzokic, no partido de División Honra Prata entre Teucro e Amenábar Zarautz no Pavillón Municipal
Marko Dzokic, no partido de División Honra Prata entre Teucro e Amenábar Zarautz no Pavillón Municipal / Cristina Saiz

O plano deportivo queda nun segundo plano na Sociedad Deportiva Teucro ante a complicada situación que está a atravesar un dos seus xogadores máis queridos, o seu capitán Marko Dzokic.

"Tras varias operacións, probas, revisións e incerteza confírmase a baixa temporal de Marko Dzokic por cancro testicular", confirmou o club pontevedrés.

A entidade teucrista dirixiu ánimos para a primeira liña afirmando que "estamos contigo, agora máis que nunca a familia azul nunca che soltará a man".

Marko Dzokic aterrou hai só tres tempadas no Teucro, no verán de 2019, pero desde o principio sentiu plenamente identificado polo equipo no que tamén xogou o seu pai décadas atrás, Goran Dzokic, feito polo que o seu lugar de nacemento é a propia cidade de Pontevedra.

Ao longo destas tres tempadas ademais o xogador afrontou unha complicada lesión de xeonllo, chegando a xogar moitos partidos con dor ante a negativa da mutua a tratar a súa doenza, en todo un exemplo de compromiso.