A Sociedad Deportiva Teucro xa ten ao reforzo que buscaba para encarar coas maiores garantías o tramo final da liga na División de Honra Prata.
Trátase do brasileiro Caue Herrera, que levaba toda a semana adestrando a proba co equipo.
O pivote convenceu co seu traballo ao corpo técnico encabezado por Luís Montes e incorpórase desta forma e de maneira oficial ao equipo azul.
Tras militar en diferentes equipos do campionato brasileiro, Caue gozou da súa última experiencia deportiva no PAS Aeropos Edessas da liga grega, co que competiu ata o pasado mes de decembro.
A intención do Teucro é que poida reforzar especialmente a parcela defensiva, sen descartar que poida aportar minutos en ataque. Podería debutar xa esta mesma fin de semana no choque que o conxunto pontevedrés afrontará na pista do Villa de Aranda.