O Teucro non levanta cabeza (25-30)

Pontevedra
02 de outubro 2022

Duro pau para a Sociedad Deportiva Teucro este domingo, que segue sen gañar mesmo en Primeira Nacional. É verdade que a liga non fixo máis que comezar e aínda quedan moitos partidos por diante, pero este inicio ligueiro non pinta nada ben para os de Irene Vilaboa, que levan dous de dúas derrotas ante a súa afección.  

Partido entre Teucro e Reconquista de Vigo no CGTD Dani Paredes

Duro pau para a Sociedad Deportiva Teucro este domingo, que segue sen gañar mesmo en Primeira Nacional. É verdade que a liga non fixo máis que comezar e aínda quedan moitos partidos por diante, pero este inicio ligueiro non pinta nada ben para os de Irene Vilaboa, que levan dous de dúas derrotas ante a súa afección.

A igualdade marcou o inicio do duelo entre Lirón Teucro e o Reconquista de Vigo cun empate a 2 nada máis comezar, pero enseguida os locais puxéronse ao choio aproveitando a superioridade numérica pola exclusión de Agustín Franco para facerse cunha primeira vantaxe de tres tantos aos sete minutos de xogo (6-3).

Parecía que o partido se poñía de fronte para os azuis, pero foi un mero espellismo. Rhuan foi excluído e o Reconquista pagou coa mesma moeda ao Teucro e, nun visto e non visto, devolveu o empate ao marcador (6-6, min. 10).

A partir dese momento as defensas e as decisións arbitrais convertéronse en claras protagonistas deixando en inferioridade ao cadro de Vigo en tres ocasiones. Con todo, o Teucro non atopaba o camiño cara ao gol e foi incapaz de aproveitar eses momentos para coller unha pequena vantaxe para a segunda parte. Si o fixo o seu rival, liderado por Pablo Garrido nos instantes finais para irse cun resultado de 10-13 ao descanso.

No descanso o Reconquista de Vigo aumentou a súa renda en ata catro goles aínda que se viu en aprietos cando os de Irene Vilaboa apertaron os dentes en defensa e responderon en ataque axustando o resultado en tan só un tanto (min. 9, 16-17).

Pero seguiu sendo dono do marcador o conxunto visitante, que poñía dos nervios a un Teucro incapaz de frear os potentes lanzamentos de Pablo Gayoso e Garlos Gehrhardt que, con oito e seis goles respectivamente, sentenciaron aos de Pontevedra.

Tentaron, iso si, Caue (7 tantos) e Xurxo Rivas (6 tantos) tirar do carro teucrista, pero Iago Vidal, con tres goles nos últimos dous minutos, certificaron o triunfo vigués por 25-30.