O 'último' servizo de Pablo Picallo ao Cisne

Pontevedra
20 de xuño 2019

O extremo esquerdo, que cumprirá 10 anos no primeiro equipo, renovou por unha tempada máis avanzando que "podería ser a última para min"

Pablo Picallo, no partido da Copa do Rei entre o Cisne e o BM Nava no CGTD
Pablo Picallo, no partido da Copa do Rei entre o Cisne e o BM Nava no CGTD / Diego Torrado

Un a un, a contagotas, o Club Cisne Balonmán vai confirmando o seu persoal para o próximo curso

O último en renovar foi un home da casa, Pablo Picallo, que cumprirá así 23 anos no clube e 10 tempadas no primeiro equipo.

O extremo esquerdo avanzou iso si que a tempada que vén "podería ser a última para min e algún outro".

"Avecíñase unha tempada moi dura, quizais a máis dura desde que estamos nesta categoría, e será todo un reto para a entidade", sinalou o xogador cineísta.

Picallo únese así á lista de homes confirmados no Club Cisne, na que tamén se atopan José Leiras, Javi Vázquez, Álvaro Preciado, Daniel Ramos, Pablo Gayoso, Álex Chan, Alejandro Conde, Andrés Sánchez, David Chapela e Iván Calvo.