Preocupación no Pontevedra Club de Fútbol polo estado que poida prensentar o céspede do Estadio Municipal de Pasarón o vindeiro domingo 26 de xaneiro (17.00 horas) no transcendental partido contra o Numancia, no que estará en xogo o liderado.
A acumulación de partidos nas últimas datas unido aos rigores do inverno fixeron que a herba do estadio pontevedrés fora empeorando co paso das semanas. Unha situación que se agravou no duelo fronte ao Compostela debido á choiva, cun terreo de xogo especialmente brando na zona do Fondo Sur e en parte do centro do campo. E as previsións meteorolóxicas anuncian auga para os próximos días.
Así se podía ver a primeira ollada o pasado domingo e así se podía aínda comprobar este mércores na rolda de prensa ofrecida por Javi Fontán mentres un operario realizaba tarefas de mantemento sobre o céspede.
Resultaba inevitable que esta cuestión saíse a debate, e o defensor granate recoñeceu a preocupación do plantel.
"A verdade é que non nos vén ben que estea un pouco brando e irregular, máis que nada polo tipo de xogo que nós tentamos facer, que é no que estamos cómodos e no que creemos", afirmou o defensor.
En todo cado "é o que toca", explicou evitando polo como escusa xa que "contra o Compostela que non estaba do todo ben puidemos, máis ou menos, desenvolver igual o noso xogo".
Ademais "van tentar que estea o mellor posible", sinalou sobre os traballos previstos nos días previos ao encontro.
No que respecta ao partido, Fontán cre que "meterlle 6 puntos ao Nomancia sería un bo colchoncito", polo que "estamos con moitas ganas de tentar conseguilo", aínda que prevé que será unha xornada moi exixente xa que "estes partidos tan igualados decídense por detalles".
"Sabemos que o Numancia é un equipo que defende moi ben, que aperta moito e que logo, con balón, é un pouco máis directo. Creo que van ser importante os detalles, xa non só quen marque primeiro, senón o que tente poñerse enriba do rival primeiro", analizou o xogador granate.