Os árbitros pontevedreses de categoría nacional, en plena forma

Pontevedra
10 de febreiro 2022

Os colexiados e asistentes galegos de Primeira e Segunda División, 1ª RFEF, 2ª RFEF e Primeira División Feminina realizaron os días 1 e 8 de febreiro as probas físicas de metade de tempada no campo de fútbol de Chaian, en Trazo

Probas físicas aos árbitros galegos de elite no campo de Trazo
Probas físicas aos árbitros galegos de elite no campo de Trazo / Real Federación Galega de Fútbol

Os colexiados e asistentes galegos de Primeira e Segunda División, 1ª RFEF, 2ª RFEF e Primeira División Feminina realizaron os días 1 e 8 de febreiro as probas físicas de metade de tempada no campo de fútbol de Chaian, en Trazo.

Alí atopábanse as principais figuras da arbitraxe pontevedresa, ao decidir a Real Federación Española de Fútbol que por motivos sanitarios fosen os comités territoriais os encargados de realizar os controis.

Á cabeza de todos eles figuraba Alejandro Muñiz Ruiz, único colexiado galego en Primeira División e que vive esta campaña a súa estrea na elite, dirixindo xa ata a data 12 encontros, así como o seu asistente Diego Sánchez Rojo.

Ademais polo CTA de Pontevedra compareceron Alberto Gómez Lameiro e Daniel Pastoriza Iglesias, árbitros de 1ª RFEF, e Álvaro Juncal Moreira, da 2ª RFEF.

Todos os presentes superaron o exame físico, consistente en 6 sprints repetidos de 40 metros e a proba de resistencia Yo-Yo, mentres os asistentes completaron 5 sprints repetidos de 30 metros e a proba de resistencia ARIET. 

Outros árbitros presentes foron de Segunda División o colexiado Javier Iglesias Villanueva e os asistentes Fabián Blanco Rodríguez, Adrián Díaz González, Ricardo Landrove Lago, Enrique Ramos Ferreiros e Abraham Pérez Dapia; da Primeira División Feminina Elena Casal Fernández, Beatriz Cuesta Arribas, Eugenia Gil Soriano e Zulema González González e as asistentes Tania Fente Pena, Iria Rosendo González, Lorena Novas Benavides e Maribel Serrano García; de 1ª RFEF os asistentes David Fernández Blanco, Brais García Valín, Gonzalo Gómez Lemos e Cristian Vázquez Martínez; e de 2ª RFEF os principais Alfonso Alcalá Rey, José Antonio Fernández Rodríguez, Miguel Ferrol Muñiz, Javier Figueiredo Comesaña, Alexandre López Vila e Gabriel Quintairos Rial e os asistentes Alberto Blanco Méndez, Tania Fente Pena, Diego Fernández Fernández, Adrián López Bermúdez, Rubén Reborido Rodríguez e Rubén Vázquez Penas.