Esta semana celebrouse o día mundial contra o cancro de mama, e os árbitros pontevedreses quixeron colaborar na concienciación da loita contra esta enfermidade.
Por ese motivo, os colexiados de fútbol e fútbol sala da delegación pontevedresa vestirán de rosa en todos os encontros que dirixan durante a fin de semana.
Isto será así a condición de que as cores dos equipos participantes o permitan.
Este pequeno xesto dos árbitros foi anunciado tras celebrar unha reunión na que participaron representantes da Asociación Española Contra o Cancro de Pontevedra.