Ponte a Escalar transforma a Boa Vila nun rocódromo

Pontevedra
24 de maio 2025
Actualizado: 29 de maio

Un total de 50 deportistas chegados de clubs de toda Galicia participaron nesta competición de escalada urbana pioneira na comunidade

Primeira edición de Ponte a Escalar
Primeira edición de Ponte a Escalar / Cristina Saiz

As rúas e edificios emblemáticos de Pontevedra convertéronse este sábado nun rocódromo con motivo da primeira edición de Ponte a Escalar, unha competición de escalada urbana pioneira en Galicia.

O evento, organizado polo Club AROMON con motivo do seu 25 aniversario, cumpriu o seu obxectivo de "saír do monte e dos rocódromos" para achegar a escalada ao público.

A xornada arrincou ás 10:30 da mañá con 50 deportistas chegados de clubs de toda Galicia que se dividiron en 20 bloques ou zonas de pasos en Curros Enríquez, Mugartegui, A Ferrería ou o Teatro Principal.

A proba, que foi cualificada como "un éxito" consistiu en ascensos sen corda, a poucos metros do solo, coa seguridade dun colchón e un ou dous "carrexadores" para amortecer calquera posible caída.

"Ponte a Escalar" non só permitiu aos deportistas mostrar a súa destreza nunha contorna única, senón que tamén ofreceu aos pontevedreses e turistas unha oportunidade para coñecer de cerca esta disciplina ver a cidade dunha maneira diferente.