Un punto non soluciona os problemas de Pontevedra B e Grove pero achega a ambos os dous ao obxectivo da permanencia un ano máis na Rexional Preferente, un sentimento que se trasladou ao terreo de xogo da Xunqueira nunha xusta repartición de puntos entre os dous equipos (1-1).
Adiantouse o Unión Grove no minuto 20 por mediación de Jandro, pero Pedro puxo as táboas pouco despois para o filial granate no minuto 34.
A pesar de que os dous equipos tiveron algunha opción na segunda metade o electrónico xa non se moveu certificando unha igualdade que se traslada á clasificación, onde ambos os dous conxuntos quedan con 38 puntos.
PONTEVEDRA CF B (1): Edu Sousa, Uru, Bruno, Alves (Chicho, min.45), Collazo, Héctor, Pedro (Pacheco, min.67), Víctor (Patrick, min.90), Paco (David Eirín, min.67), Diego, Pibe.
USD O GROVE (1): Jose, Iago Nogueira, Miguel (Muelles, min.70), Anxo, Borja, Ameixeiro, (Mateo, min.72), Jandro (Alexis, min.70), Iván, Félix, Álex, Turu (Iago, min.59).
Árbitro: Soage Fernández (Pontevedra). Amoestou aos visitantes Álex, Miguel e Iago Nogueira. Expulsou por vermello directo ao segundo adestrador do Unión Grove, Miguel Mascato.
Goles: 0-1 Jandro, min.20; 1-1 Pedro, min.34.
Incidencias: Partido disputado no campo da Xunqueira, Pontevedra.