Xa hai día e hora para os partidos de segunda rolda da Copa do Rei.
A Real Federación Española de Fútbol confirmou os horarios e televisións nacionais que emitirán os partidos da segunda eliminatoria, entre os que está o do Pontevedra fronte á SD Eibar, equipo da Segunda División.
Este esperado encontro disputarase finalmente o mércores 3 de decembro ás 21.00 horas no Estadio Municipal de Pasarón.
𝐂𝐎𝐏𝐀 𝐃𝐄𝐋 𝐑𝐄𝐘 🏆 | Horario confirmado para a segunda eliminatoria da #CopaDelReyMAPFRE ♥️
— Pontevedra CF 🦴 (@PontevedraCFSAD) November 12, 2025
⚔️ @SDEibar
📅 Mércores 03/12
🕘 21:00
🏟️ Pasarón#CopaDelReyMAPFRE 🏆#LaCopaMola pic.twitter.com/PZEsv45ewH
O choque entre granates e armeiros non contará con televisión nacional, a falta de coñecer si a Televisión de Galicia aposta por ofrecelo.
Para o Pontevedra, a Copa do Rei chegará despois da xornada 14 de liga en Primeira RFEF, coa visita do CD Guadalajara a Pasarón o sábado 29 de novembro ás 18.30 horas.
Aínda non se coñece o horario da seguinte xornada, posterior á eliminatoria copeira, na que os granates xogarán no campo do RC Celta Fortuna.