A Primeira RFEF 26-27, na que competirá o Pontevedra Club de Fútbol, está xa case ao completo.
A falta das finais polo ascenso a Segunda, son xa 38 de 40 os equipos confirmados no terceiro chanzo de fútbol nacional para a próxima tempada, o que empeza a dar pé ás habituais quinielas para repartir os dous grupos de competición.
Por partes, completarán a nómina de equipos os perdedores da eliminatoria de ascenso entre Celta Fortuna e Ponferradina por unha banda e entre Zamora e Sabadell pola outra.
Dous deles darán o salto ao fútbol profesional e os outros dous quedarán en Primeira RFEF.
Polo demais descenderon desde a Segunda División o Real Zaragoza, a SD Huesca, Cultural Leonesa e Mirandés.
Continuan un ano máis en Primeira RFEF, xunto ao propio Pontevedra: Real Madrid Castilla, Barakaldo, Unionistas de Salamanca, CD Lugo, Mérida, Arenas de Getxo, Racing de Ferrol, Bilbao Athletic, Cacereño, Real Avilés, CE Europa, Atlético Madrileño, Vilarreal B, FC Cartagena, Antequera, Algeciras, Hércules, Alcorcón, Ibiza, Real Murcia, Teruel, Nàstic de Tarragona e Juventud de Torremolinos.
Desde Segunda RFEF pola súa banda ascenderon de maneira directa o RC Deportivo Fabril, Real Unión, Sant Andreu, CD Extremadura e Rayo Majadahonda e lográrono vía play-off a UD Ourense, UD Logroñés, CD Coria, Real Jaén e Águilas.
Chegados a este punto as federacións territoriais empezan a estudar o mapa e a escoitar a opinión dos seus equipos á hora de defender a repartición dos grupos de competición.
Neste aspecto, tendo en conta o acontecido en anos anteriores, a tendencia adoita ser repartir os descendidos a partes iguais entre ambos os dous grupos, dous e dous, así como buscar unha repartición equitativa de equipos filiais.
Contas especializadas no fútbol modesto como Gol sin Var ou Grada B Pro. por exemplo, lanzaron xa as súas propias predicións do que pode suceder, aínda que as votacións non se producirán ata que os 40 equipos estean confirmados.
🚨 En mi opinión, esta podría ser la configuración de grupos de 1RFEF 26/27 con mayor opciones de salir adelante.
— GRADA B pro (@GradaBpro) June 7, 2026
Va a depender sobre todo de si el @CESabadell asciende o no a LaLigaHypermotion, sobre todo en como afecte a os equipos madrileños.
El reparto de los filiales… pic.twitter.com/L97EtFNPyM
Ya nos podemos mojar.
— ⚽GOL SIN VAR ❌🖥️ (@GolSinVAR) June 7, 2026
Muchas papeletas de tener esta distribución de grupos la temporada que viene.
✅Lo que más prima en la RFEF es tener a dos descendidos en cada grupo y contentar a la mayoría.
Ya queda menos para ver el desenlace final. https://t.co/1ctxBNexqX pic.twitter.com/SR5ISjEdtm
Neste sentido está previsto que todo se desencadee a partir do sábado 20 de xuño, data na que finalizarán as finais polo ascenso.
A Real Federación Española de Fútbol fixou de feito o 24 de xuño a data na que confirmará a repartición de grupos de Primeira RFEF e Segunda RFEF, e o martes día 30 dará xa a coñecer os calendarios das súas competicións nacionais de fútbol e fútbol sala nun acto público en Madrid que dará comezo ás 19.00 horas.