Primeiro triunfo da tempada para o Teucro (37-32)

Pontevedra
15 de outubro 2022

Primeira vitoria da tempada para a Sociedad Deportiva Teucro, que mostrou moi boas sensacións e superou ao SAR de Redondela por un contundente 37-32. Vinicius foi o protagonista do triunfo con 15 tantos

Partido entre Teucro e SAR de Redondela
Partido entre Teucro e SAR de Redondela

Primeira vitoria da tempada para a Sociedad Deportiva Teucro, que mostrou moi boas sensacións e superou ao SAR de Redondela por un contundente 37-32. Vinicius foi o protagonista do triunfo con 15 tantos.

Comezou o partido en grao sumo igualado, iso si, cos de Irene Vilaboa mandando no marcador en todo momento. Ao empate seguiulle a vantaxe de dous goles dos azuis ao fío do ecuador do primeiro tempo, que se amplíó a tres cando se alcanzou o descanso grazas á boa actuación de Vinicius con oito tantos ás súas costas (18-15).

Tras o intermedio o cadro de Redondela non soubo reaccionar, incapaz de frear o ataque dun Teucro que quería o triunfo custe o que custe. Vinicius seguiu ao seu, asinando 15 goles en total; secundoulle Marchete, con sete; Álex Sánchez e Caue, ambos con cinco; Sergio Blond, con tres, e Xurxo Rivas, con dous, asinando o primeiro triunfo da tempada por 37-32.

Consulta as estatísticas do partido entre o Teucro e o SAR de Redondela