A Sociedad Deportiva Teucro comeza a planificar a próxima tempada, na que por terceiro ano consecutivo militará na Primeira Nacional.
Tras quedarse ao bordo da fase de ascenso, o club pontevedrés está obrigado un ano máis a reinventarse para buscar pelexar polo salto de categoría.
Farao ademais obrigado pola saída de dous homes importantes no plantel os últimos anos, empezando co capitán Marko Dzokic, e é que o central deixa o equipo despois de cinco tempadas.
Tampouco seguirá o máximo goleador teucrista, Xurxo Rivas, tras dúas tempadas.
Pola contra a primeira renovación confirmada do vicedecano é a do extremo Daniel Vicente Pintus, que se comprometeu para afrontar un segundo ano en Pontevedra.
RENUEVA!!! Dani Pintus realizó una gran temporada y nos hizo disfrutar en cada partido de sus goles desde el extremo y en los 7m. pic.twitter.com/efwu3TKDwn
— Lirón Teucro (@sdteucro) June 4, 2024