Queijeiro chega ao Pontevedra, "el sitio ideal para que pueda seguir creciendo"

Pontevedra
01 de setembro 2015

O novo futbolista granate, que chega cedido por unha tempada, ponse a disposición de Luisito para debutar este mércores en Copa do Rei e todo a punta a que formará parte da convocatoria. Asegura que malia contar con outras propostas "el Pontevedra siempre fue mi primera opción"

Álvaro Queijeiro na súa presentación como xogador do Pontevedra
Álvaro Queijeiro na súa presentación como xogador do Pontevedra / Mónica Patxot

Agora si o plantel do Pontevedra está pechado, tras a chegada de Álvaro Queijeiro en calidade de cedido por unha tempada.

O futbolista, propiedade do Real Club Deportivo de La coruña, presentouse este martes coa súa nova camisola, a granate, asegurando que "el Pontevedra siempre fue mi primera opción", a pesar de contar con máis ofertas tras realizar a pretempada co primeiro equipo herculino.

Queijeiro, que se define como "un mediocentro al que le gusta tener la pelota" entende que "por club, ciudad y afición es el sitio ideal para que pueda seguir creciendo", explicou.

En canto ao resto de compañeiros e as posibilidades que lle ve ao equipo, que define como "competitivo, luchador y trabajador", a última fichaxe granate opina que "no vamos a tener problema para conseguir el objetivo fundamental de mantener al equipo en la categoría".

Todo apunta a que o centrocampista galego entrará na convocatoria para o partido deste mércores de Copa do Rei en Guijuelo, no que podería dispoñer dos seus primeiros minutos se Luisito o considera oportuno. Por se iso sucede, Queijeiro afirma chegar con ritmo tras estar a adestrar co Deportivo ata o pasado sábado.