Ramón Verdú, reforzo para o lateral zurdo do Pontevedra

Pontevedra
25 de xullo 2015

Trátase dun futbolista andaluz que procede do Marbella, club ao chegou no último mercado de inverno dende o Nastic de Tarragona. Será presentado tras o adestramento do próximo luns

Ramón Verdú, na súa presentación co Nastic de Tarragona
Ramón Verdú, na súa presentación co Nastic de Tarragona

Luisito xa ten o lateral esquerdo que buscaba para reforzar unha posición que xa a tempada pasada lle deu moitos rompedeiros de cabeza, sobre todo tras a marcha de David Feito.

Trátase de Ramón Verdú, futbolista andaluz de 31 anos cunha ampla traxectoria na división de bronce do fútbol español.

Verdú chega a Pontevedra procedente do Marbella, equipo ao que chegou no pasado mes de xaneiro dende o Nastic de Tarragona.

Nuns meses tivo tempo de disputar 12 partidos, 10 deles como titular, e anotar dous goles.

Antes do seu paso por estes equipos xogou en clubs como o San Fernando, o Lleida ou o Lorca.

Ramón Verdú convértese así na quinta fichaxe do club granate. Será presentado o próximo luns tras o adestramento matinal do equipo.