Récord de embarcacións para o IX Memorial Pepe O Ruso

Bueu
10 de xaneiro 2025
Actualizado: 16:54

A regata disputarase o vindeiro domingo 12 de xaneiro a partir das 11.30 no peirao de Bueu

Presentación do IX Memorial Pepe O Ruso
Presentación do IX Memorial Pepe O Ruso / Concello de Bueu

O peirao de Bueu será escenario o domingo 12 de xaneiro da regata IX Memorial Pepe O Ruso, organizada polo Club do Mar Bueu co apoio do Concello.

Trátase dunha competición que se celebrará en formato contrarreloxo e que serve para ir preparando a nova tempada deportiva.

Terá lugar a partir das 11.30 horas con 5.500 metros de percorrido.

Todo con marca de embarcacións inscritas, xa que participarán até 36 barcos.

Dez deles farano na categoría feminina. Son concretamente Puebla Vet, Amegrove, Mecos, Castropol, A Cabana, Rianxo, Cesantes-Bueu, Chapela, Tirán e Cabo.

Na categoría masculina de veteranos competirán Celeiro, Cesantes, Rianxo, Muros, Chapela, Vila de Cangas e Samertolameu.

Por último na competición sénior serán 19 as embarcacións participantes: Puebla A e B, Samertolameu A e B, Mecos A e B, Tirán A e B, Bueu A e B, Chapela A e B, Cesantes, Narón, Cabo A e B, Cabana, Castropol e Ares.

Este memorial creouse en 2016 como unha homenaxe a José Novas Gutiérrez, máis coñecido como 'Sr Pepe' ou 'Pepe O Ruso', unha persoa que traballou durante moitos anos e de forma totalmente desinteresada polo fomento do deporte do remo na vila bueuesa.