Tamén a nivel internacional Lorena Patiño (XSM de Marín) segue a demostrar a súa enorme progresión no ciclocrós.
A ciclista marinense asinou unha magnífica oitava posición na carreira de maior nivel de cantas se disputan en territorio nacional, coa cita puntuable para a Copa do Mundo da especialidade disputada en Benidorm.
Patiño foi de menos a máis para asinar unha notable remonatada na carreira júnior feminina.
A vencedora foi a francesa Lise Révol, con 10 segundos de vantaxe sobre a canadense Rafaelle Carrier e 18 segundos sobre a neerlandesa Mae Cabaca.
Lorena, tras recuperar moitas posicións, entrou na meta a 1:18 da vencedora na citada oitava posición.
Quedou a só dous segundos do sétimo posto.
O ciclocrós nacional vibrou tamén en Benidorm co sexto posto de Felipe Orts na proba sénior masculina e a cuarta de Benjamín Noval na categoría júnior.
Na Copa do Mundo participaron ademais tres corredores do Grupo Deportivo Supermercados Froiz, con Raúl Mira sendo o mellor español na categoría sub-23 (20º) na que Miguel Rodríguez foi 29ª, e con Gonzalo Inguanzo no posto 28º na proba absoluta.