Rial, animado para afrontar unha "recuperación larga" tras ser operado en Madrid

Pontevedra
13 de setembro 2016

O lateral teucrista foi operado con éxito este luns na Clínica Cemtro de Madrid da súa lesión de ombreiro e xa ten en mente regresar canto antes ás canchas de xogo

José Manuel Rial, antes de ser operado na Clínica Cemtro
José Manuel Rial, antes de ser operado na Clínica Cemtro / Clínica Cemtro

A conta atrás para regresar ás canchas de xogo comezou para José Manuel Rial, operado con éxito este luns na Clínica Cemtro de Madrid.

O lateral teucrista confirma que "la operación ha salido bien", tras falar cos doutores Manuel Leis e César Flores, responsables da intervención cirúrxica que pretendía solucionar unha rotura no 'labrum' do ombreiro, unha cartilaxe que dá estabilidade á articulación.

Aínda desde a habitación da clínica, que espera abandonar este mércores, Rial recoñece estar dolorido pero animado ante "una larga recuperación", e é que o período de convalecencia establécese entre os cinco e os seis meses.

O xogador pensa xa en recortar no posible estes prazos, pero primeiro "deben pasar estas cuatro o cinco semanas con el cabestrillo, que es lo más pesado", recoñece.

José Manuel Rial lesionouse durante o Mundial Universitario, ao que acudiu dentro do equipo nacional. É por iso que a Federación Española de Balonmán fíxose cargo dos custos médicos da operación a través do seu seguro.