Seixo prepárase para unha nova edición da Carreira do Truco

Marín
05 de febreiro 2025
Actualizado: 17:29

A popular proba deportiva celebrarase o vindeiro domingo 9 de febreiro e contará tamén cunha andaina

Presentación da XIV Carreira do Truco de Seixo
Presentación da XIV Carreira do Truco de Seixo / Concello de Marín

A parroquia marinense de Seixo prepárase para unha gran fin de semana deportiva.

O vindeiro domingo 9 de febreiro celebrarase a XIV Carreira do Truco.

O evento foi presentado oficialmente este mércores coa presenza dos concelleiros Antonio Traba e Antonio Caíña xunto a representantes de Acemas e do Club Deportivo Pinarium.

Ademais da propia carreira popular, a Carreira do Truco contará con probas infantís e tamén cunha andaina que percorrerá a zona de Loira.

En concrero serán os máis pequenos os que abran a xornada a partir das 10.00 horas con saída na Casa da Cultura de Seixo.

Pola súa banda a andaina partirá ás 10.15 horas e a carreira absoluta ás 10.30 horas.

As inscricións, de balde, poderán formalizarse de maneira onlina e tamén o mesmo día da carreira.

A organización pide ademais colaboración coa 'Operación Quilo' que se porá en marcha, xa que se recadarán alimentos non perecedoiros que serán doados posteriormente a Cáritas.