A crise sanitaria do coronavirus segue afectando os eventos deportivos da comarca.
A última en suspenderse foi a terceira edición da Subida a Cerdedo-Cotobade que organiza a Escudería Ciudad de Pontevedra e consolidada no calendario do Campionato Galego de Montaña.
Segundo informou o Concello, proba estaba fixada para a fin de semana do 1 e 2 de agosto e contaba cunha previsión de asistencia de máis de 2.000 persoas, pero as densas tarefas de organización, a seguridade, a mobilidade de efectivos e a falta de certezas absolutas sobre como será a 'volta á normalidade' obrigaron a tomar esta decisión e pensar en retomala en 2021.
Desde o Concello de Cerdedo-Cotobade, só anularon os eventos de competencia municipal correspondentes aos meses de maio e xuño, como son a Feira de Cuspedriños ou o San Xoán de Cerdedo. Tamén se recomendou a suspensión das iniciativas privadas destes dous meses por cuestións de seguridade sanitaria aínda que algunhas se puidesen celebrar cumprindo coa normativa do plan de desescalada.
Desta maneira, á espera de que sucederá cos actos municipais a partir de xuño, o Concello valora "positivamente" calquera decisión que tomen as entidades privadas respecto a as súas actividades previstas para verán, xa que hai eventos que poden esperar ata pouco antes da súa celebración para decidir a súa anulación no caso de que sexa necesaria.