O Pontevedra Club de Fútbol sumou este domingo tres puntos vitais fronte ao Compostela para manter a vantaxe no liderado sobre un Numancia que visitará Pasarón a próxima xornada.
Charly, Yelko Rufo e Dalisson foron os autores do catro goles granates, mentres que Manu Rivas anotou o único tanto vistante.
Saltou o Pontevedra ao terreo de xogo co mesmo formulación que de costume, disposto a ter o balón e xogando en campo contrario.
Con todo, non foi até o minuto 13 cando os granates ameazaron de forma clara a portaría rival. Yelko puxo un centro e Rares tentou rematar de cabeza na área pequena, pero Rabanillo saltou de puños para evitar que contactase co esférico.
Pisaba área o equipo local e non tardou en atopar o premio cun envío lateral desde a esquerda que Xabi rematou. Rabanillo despexou e Charly, entre centrais, cazou o rexeite para pór o balón na rede.

Co marcador a favor, o Pontevedra empezou a sentirse aínda máis cómodo e seguiu mantendo a posesión, mentres o Compos, completamente replegado e sometido, empregábase a fondo para evitar o segundo tanto local, que puido chegar da man de Garay e de Xabi ao termo do primeiro acto. O disparo do primeiro despexouno a córner o gardameta visitante, e o segundo foise demasiado cruzado.
Ao comezo do segundo acto, o conxunto granate continuou co asedio en meta rival a base de disparos afastados por medio de Dalisson, que o enviou ás nubes, e de Xabi, que o atrapou Rabanillo.
Os minutos pasaban e o Pontevedra non conseguía matar o partido. O cadro visitante moveu ficha e devolveu a igualdade na que foi a súa primeira chegada a portaría de Edu Sousa. Xogada en velocidade desde a esquerda do recentemente ingresado Manu Rivas, Héctor despexou baixo paus e deixou o balón morto na área, onde volveu aparecer Manu Rivas para rematar a pracer.
Sen tempo para dixerir o gol, Yago Iglesias axitou o banco e quitou a Héctor e Charly para dar entrada a un Iago Novo e un Brais Abelenda que revolucionaron por completo o encontro.
De feito é que apenas uns segundos despois de encaixar o empate, os granates subiron o 2-1 cun disparo desde a dereita de Yelko a pase de Abelenda.
Envorcouse entón en ataque o equipo visitante e o Pontevedra tratou de aproveitar os espazos que deixaba o rival para matar o encontro. Primeiro cunha boa triangulación entre Iago e Brais que detivo Rabanillo, e despois tras unha parede entre o 15 e Álex González, pero o capitán recortou ao gardameta e quedou sen ángulo para rematar. Antes, o Compos tivera o empate cunha gran acción de Manu Barreiro que despexaron entre Xabi e Edu.

Entrou entón o partido no desconto e todo podía pasar. O que estaba claro era que os locais debían matar o encontro canto antes para evitar acontecer no Vero Boquete no encontro de ida.

Dalisson, que estivera desaparecido até o momento, puxo o balón na escuadra para facer o 3-1 e Rufo, na última xogada, plantouse no man a man con Rabanillo e bateuno por abaixo para sentenciar e sumar tres puntos vitais de face ao duelo do fin de semana que vén fronte ao Numancia.
PONTEVEDRA CF (4): Edu Sousa, Javi Fontán, Mario Gómez (Igor, min. 80), Yelko, Xabi (Rufo, min. 75), Dalisson, Garay, Charly (Brais Abelenda, min. 65), Rares e Héctor (Iago Novo, min. 65).
SD COMPOSTELA (1): Rabanillo, Roque, Álvaro Casas (Samu, min. 46), Crespo, David Soto, Carlos Cinta (Manu Barreiro, min. 38), Hugo Matos (Iker, min. 60), Ocaña (Manu Rivas, min. 64), Selasi (Trasi, min 60), De Prado e Fer Cano.
Goles: 1-0, Charly, min. 26. 1-1, Manu Rivas, min. 65. 2-1, Yelko, min. 67. 3-1, Dalisson, min. 90. 4-1, Rufo, min. 94.
Árbitro: Alberto Sánchez Ingidua (Castela e León), asistido nas bandas poor Rodrigo Crespo Villa e Iván Pablo Gómez. Amoestaron a Álvaro Casas (38'), Selasi (57'), Manu Rivas (85') no Compostela
Incidencias: Partido da xornada 19 de liga na Segunda RFEF disputado no Estadio Municipal de Pasarón ante 3.312 espectadores.

Partido entre Pontevedra CF e SD Compostela en Pasarón

Partido entre Pontevedra CF e SD Compostela en Pasarón

Yago Iglesias, no partido entre Pontevedra CF e SD Compostela en Pasarón

Partido entre Pontevedra CF e SD Compostela en Pasarón

Partido entre Pontevedra CF e SD Compostela en Pasarón

Partido entre Pontevedra CF e SD Compostela en Pasarón

Dalisson, no partido entre Pontevedra CF e SD Compostela en Pasarón

Partido entre Pontevedra CF e SD Compostela en Pasarón

Partido entre Pontevedra CF e SD Compostela en Pasarón

Partido entre Pontevedra CF e SD Compostela en Pasarón

Partido entre Pontevedra CF e SD Compostela en Pasarón

Partido entre Pontevedra CF e SD Compostela en Pasarón

Partido entre Pontevedra CF e SD Compostela en Pasarón

Partido entre Pontevedra CF e SD Compostela en Pasarón

Partido entre Pontevedra CF e SD Compostela en Pasarón

Partido entre Pontevedra CF e SD Compostela en Pasarón

Yago Iglesias, no partido entre Pontevedra CF e SD Compostela en Pasarón

Partido entre Pontevedra CF e SD Compostela en Pasarón

Xabi Domínguez e Hugo Matos, no partido entre Pontevedra CF e SD Compostela en Pasarón