A fe do Arosa parece inquebrantable no tramo final de tempada e os de Piscis seguen pouco a pouco recortando a distancia que os separa da segunda praza, que dá dereito ao ascenso a Terceira División, agora a catro puntos.
O equipo arlequinado impúxose esta vez ao líder Cultural Areas no seu estadio (2-3) despois dun partido que pareceu encarrilado nos primeiros minutos cos goles de Eloy e Hugo, pero que rematou por decidirse no tramo final grazas a un penalti transformado por Camiño no minuto 72. Antes o Areas neutralizara a vantaxe con dous goles de Pereira.
O Arosa suma cinco triunfos nos últimos seis encontros e a próxima semana terá a oportunidade de seguir recortando a distancia cos seus rivais ao enfrontarse ao Choco, cuarto clasificado que conta con tres puntos máis que os de Vilagarcía.ç
CULTURAL AREAS (2): Iván, Brais (Costas, min.67), Cuco, Samuel (Couso, min.80), Vicente, Cañi, Tavi (Álex, min.84), Ferreiro, Cochi (Portas, min.72), Pereira, José Arenas.
AROSA SC (3): Jorge Pérez, Santi, Juanjo, Martín, Comesaña, Rivas, Hugo (Roberto, min.90), Vixo (Ríos, min.57), Guimeráns, Camiño, Eloy (Julio, min.82).
Árbitro: Pérez Montouto (A Coruña). Amoestou aos locais Cochi, Tavi, Samuel, Cuco e Costas e aos visitantes Camiño, Comesaña e Santi. Expulsou a Felín, adestrador do Areas, con vermella directa (min.25) e a Piscis por dobre amarela (min.37).
Goles: 0-1 Eloy, min.3; 0-2 Hugo, min.18; 1-2 Pereira, min.33; 2-2 Pereira, min.36; 2-3 Camiño, de penalti, min.72.
Incidencias: Partido disputado no campo da Lomba, ponteareas.