Xornada de homenaxe a un histórico do rugby pontevedrés

Pontevedra
27 de setembro 2022

O Mareantes Rugby xuntou a clubs de toda Galicia e ao histórico CR Arquitectura de Madrid para unha xornada festiva na que se lembraba a figura de Felipe Blanco, ex-xogador de ambos os dous clubs e internacional co XV do León

Xornada organizada polo Mareantes coa visita do CR Arquitectura de Madrid
Xornada organizada polo Mareantes coa visita do CR Arquitectura de Madrid / Mareantes RCP

O rugby pontevedrés viviu a pasada fin de semana unha xornada festiva organizada polo Mareantes RCP.

O evento xuntou a clubs de toda Galicia e ao histórico CR Arquitectura de Madrid, co que gardan unha estreita relación baseada na figura de Felipe Blanco, ex-xogador de ambas as dúas entidades e internacional coa Selección Española, o XV do León, en decenas de ocasións.

Blanco foi homenaxeado como 'Lenda Albinegra'.

Durante a xornada participaron máis de 100 xogadores de entre 12 e 16 anos, con partidos que servían de preparación para o inminente inicio das diferentes ligas.

O día concluíu co tradicional terceiro tempo, no que ademais de obsequios homenaxeouse a un emocionado Felipe Blanco, emprazando o Mareantes para devolver a visita a terras madrileñas.