El club de la esquina #107

Radio
05 de marzo 2020
Actualizado: 27 de novembro 2024

Que música a de aquel ano! 1973. (I PARTE).

El club de la esquina #107 /
El club de la esquina #107
El club de la esquina #107

El club de la esquina segue subindo banzos no seu percorrido musical. Instálase en 1973, un ano no que o grupo Mocedades foi a representación de España en Eurovisión, quedándose ás portas da vitoria do certame. Obtiveron o segundo posto, pero o seu triunfo foi a venda de millóns de copias polo mundo cun tema en español: 'Es tú'.

Elton John editaba aquel ano dous dos seus álbums: 'Don' t Shoot Me, I' m Only the Piano Player' e 'Goodbye Yellow Brick Road', sexto e sétimo traballo da súa carreira. Outro nome dese momento Tony Orlando and Dawn que popularizaron e rendibilizaron un exitoso sinxelo titulado 'Tie a Yellow Ribbon Round the Ole Oak Tree'.