Para completar os éxitos daquel ano 1963, Tino Domínguez recupera para esta edición do club da esquina a Luís Aguilé que foi número 1 en España con 'Dile', versión en castelán do 'Tell him' de The Exciters. Tamén neste país e aquel ano El Dúo Dinámico pupularizó 'Amor de verano', un tema ao que a inmensa maioría denomina 'El final del verano' pola súa letra.
Desde Arxentina chegou o primeiro éxito de Leo Dan, 'Celia'. 1963 foi tamén o ano no que Elvis Presley protagonizou a película 'El ídolo de Acapulco', Sam Cooke lanzou 'Another saturday night' e Ray Charles 'Busted', 'Take this chains from my heart', 'Without love', ...