O socialista Tino Fernández acode a Xuntos para presentar as súas políticas sociais

Pontevedra
20 de maio 2015

Tino Fernández recordou que, ata este mandato, o Partido Socialista se caracterizou por ser o que xestionaba a área de Benestar no Concello de Pontevedra, asegurando que foron os socialistas os que "artellaron toda a política social que tamén forma parte dese modelo de cidade e desa transformaciónda cidade que se produciu a partir do ano 99"

Tino Fernández visita a sede de Xuntos
Tino Fernández visita a sede de Xuntos / Cristina Saiz

O candidato socialista á Alcaldía de Pontevedra, Agustín Fernández, acudiu este mércores, acompañado de membros da súa candidatura á sede de Xuntos para presentar as súas propostas en política social.

Tino Fernández recordou que, ata este mandato, o Partido Socialista se caracterizou por ser o que xestionaba a área de Benestar no Concello de Pontevedra, asegurando que foron os socialistas os que "artellaron toda a política social que tamén forma parte dese modelo de cidade e desa transformación da cidade que se produciu a partir do ano 99".

O alcaldable do PSOE reivindicou o protagonismo desa transformación "que inclúe ás persoas", citando os comedores escolares, o Plan Madruga, os convenios coa Federación de Anpas, as axudas de Emerxencia social "todo iso é produto do traballo dos socialistas".

Fernández resaltou que "de cara ao futuro" queren recuperar ese sentido da política social que contrastou coa xestión feita polo BNG que dixo "deriva cara á beneficencia" nunha fórmula de política "baseada non logotipo e na propaganda e iso non nos gusta nada".

A política social será un dos puntos fortes no programa electoral do cabeza de lista socialista.