Rumbo ao 26M: consulta as propostas dos partidos para o rural pontevedrés

Pontevedra
19 de maio 2019

Os programas dos partidos políticos que pugnan por facerse cun oco na Corporación que sairá das eleccións do 26 de maio permiten albiscar cal é a Pontevedra que queren. PontevedraViva propón un comparador centrado en seis aspectos para tentar confrontar a idea de cidade de cada un

Illa de Medal na parroquia de Ponte Sampaio, no rural de Pontevedra
Illa de Medal na parroquia de Ponte Sampaio, no rural de Pontevedra / Mónica Patxot

Os programas electorais dos partidos políticos que pugnan por facerse cun oco na Corporación municipal que sairá das eleccións do próximo 26 de maio permiten albiscar cal é a Pontevedra que quere cada un. Non resulta posible comparalos ao pé da letra en todos os seus apartados pola gran diversidade das propostas duns e outros, pero PontevedraViva seleccionou seis aspectos para tentar confrontar a idea de cidade de cada un.

Cultura, deportes, modelo urbano, rural, dinamización da cidade e promoción económica van ser debullados. Os proxectos para outros ámbitos importantes para a cidadanía poden consultarse no especial electoral que publica a diario este xornal.

Estas son as propostas dos distintos partidos en relación co rural:

BNG:

  • Completar o sistema de saneamento.
  • Reforzar despregamento da traída de augas.


PP:

  • Firma dun contrato co rural pontevedrés con 12 iniciativas a levar a cabo nas parroquias, entre as que destaca a implantación da rede de saneamento e abastecemento de auga no 100% do rural antes de finalizar o mandato.
  • Maior coidado das parroquias: iluminación, limpeza, aumento da frecuencia de recollida de lixo e asfaltado continuo de estradas.


PSOE:

  • Axudas para que a renovación e rehabilitación de vivendas sexa máis sinxela.
  • Bonificacións do 30% no IBI para as persoas que non teñan conexión á rede de saneamento.


MAREA PONTEVEDRA:

  • Impulsar un viveiro de empresas para as parroquias, poñendo en valor o monte e o campo como bens comúns.
  • Estender o abastecemento de auga e a rede de saneamento a todas as casas.


CIDADÁNS (Cs):

  • Oficina municipal itinerante para trámites e xestións.
  • Triplo A: auditoría e execución das melloras necesarias en abastecemento, rede de sumidoiros e iluminación.


COMPROMISO POR GALICIA (CxG):

  • Aposta porque Monte Porreiro, O Burgo e Estribela teñan un status propio dentro do  Concello, como núcleos urbanos fóra do centro. Proposta de que teñan un concelleiro específico e que se aplique o mesmo criterio de humanización que se aplica no centro urbano.
  • Reforzo do plan de acceso á auga municipal e ao saneamento para todos os habitantes do rural.

 

PODEMOS:

  • Creación dunha rede de transporte público na área metropolitana con prezos bonificados en función a renda dos cidadáns, e chegando a gratuidade a menores de 19 anos, estudantes e persoas que non cheguen ao SMI.
  • Humanización do barrio do Burgo, en Lérez. 

 

VOX:

  • Ampliación das redes de abastecemento de auga potable e saneamento.
  • Mellorar os pavimentos das pistas e camiños.