Se todos os febreiros as camelias enchen do seu recendo o Museo Torres, desta vez temos a oportunidade de desfrutalas un pouco máis e doutro xeito, a través da arte, grazas á exposición que se poderá ver no Museo de Rosa Crespo e Cristina Barreiro.

A primeira delas retrata coa súa técnica algunhas das camelias máis bonitas en distintos escenarios, mentres que a segunda uniu a súa paixón por esta flor e por Xapón para crear unha serie de bonecas Kokeshi engalanadas con camelias e
outros elementos relacionados coa cultura e a natureza xaponesa.

Esta exposición serve como preámbulo para a VIII Mostra Camelias e Mar, que encherá as salas museísticas destas flores os días 8 e 9 de febreiro

Museo Manuel Torres, Marín

Máis eventos

Ver máis eventos