Así nos vai

21 de outubro 2023
Actualizado: 18 de xuño 2024

Unha muller contactou con nos, notablemente angustiada, para solicitarnos axuda, e, por motivos laborais, ademais de ser practicamente a única ocasión no día na que pode escapar por un rato do férreo control do seu presunto maltratador, ese é o único momento para vernos, polo que, evidentemente, tentamos adaptarnos as súas circunstanciasspandejavu>

Sábado, 21 de Outubro.

Na axenda deSi, hai saída, malia ser fin de semana, aparece programada unha cita as 10:00h.

 

Unha muller contactou con nós, notablemente angustiada, para solicitarnos axuda, e, por motivos laborais, ademais de ser practicamente a única ocasión no día na que pode escapar por un rato do férreo control do seu presunto maltratador, ese é o único momento para vernos, polo que, evidentemente, tentamos adaptarnos as súas circunstancias.

 

Non se produciron, polo momento, segundo ela, agresións físicas, pero o relato que nos traslada é o dun máis que evidente maltrato psicolóxico, dos máis graves, ademais, que levamos escoitado nestes case 10 anos de traxectoria, moi grave, arrepiante, diría eu, sen temor a esaxerar, e que, moito nos tememos, pode desembocar nunha agresión física en calquera momento, se é que non o fixo xa, por moito que ela o negue, algo que entra, por outra banda, dentro do normal.

 

Naturalmente, o primeiro que xa lle indicamos, é que debería denuncialo de inmediato, mais é tal o estado de anulación no que se encontra, o medo que ten, que, de entrada, non contemplou en ningún momento esa opción.

Ten medo, e non soamente por ela, se non tamén polos seus fillos, dous nenos froito desa unión.

 

Este sábado, como xa dixen, reunirémonos con ela, escoitarémola, brindarémoslle, por suposto, canta axuda estea nas nosas mans, mais todo eso de pouco servirá se non presenta unha denuncia.

 

Poñámonos por un momento no mellor dos escenarios, e imos pensar que, finalmente, somos quen de convencela para que o faga. Qué vai pasar a partir dese momento?

 

Pois esta é a resposta. Desde hoxe, Venres, que estou a escribir estas liñas, as 21:00 h., a Ufam (Unidade de Familia e Axuda a Muller) da comisaría, ficará baleira.

Dito doutro xeito, non haberá nin un só policía especialista en violencia de xénero ata o Luns pola mañá. Tan so, no caso de que ela ou calquera outra muller fose agredida físicamente de xeito grave, sería requirida telefonicamente a presenza dun axente desta Unidade que, se supón, debería estar localizable, e digo se supón porque, en Si, hai saída, máis dunha vez vimos cos nosos propios ollos como non era así e que o policía en cuestión non collía o teléfono.

 

Visto así, desde fóra, a cousa pode semellar non ser tan grave, e moitos estaredes a pensar, "total, se leva tanto tempo aturando a ese home, que máis ten unha fin de semana máis ou menos?".

Pois ten, e moito, ademais, porque, aínda non mellor dos casos, se logramos convencela de que denuncie, é mais que probable que no transcurso da fin de semana, despois de sopesar os pros e os contras, de pensar nas posibles represalias da súa ex parella, de que o Luns se segue pensando en facelo, vai ter que pedir permiso para faltar ao traballo, porque é imposible predicir o tempo que vai levar todo o proceso, e os problemas que isto lle pode traer, xa que, malia que sospeitan cal é a súa situación, nunca a confirmou, porque, por máis que se supón que a lei lle outorga uns dereitos no eido laboral, á hora da verdade, a realidade adoita ser moi diferente, e o último que se pode permitir é perder o traballo, o máis probable é que desista de facelo, co que isto implica, para ela, e, por suposto, para os menores.

 

Certo é que podería acudir a Odac (Oficina de Atención Cidadán), e presentar a denuncia coma se se tratase de calquera outro delito, pero, repetimos, non contará coa asistencia de ningún axente especializado en violencia de xénero, e, ademais, o máis probable é que lle recomenden que agarde ata o Luns polos motivos xa expostos.

 

Son 52 as mulleres asasinadas polas súas parellas ou ex parellas no que vai de ano, son miles e miles de euros os que se levan dilapidados desde o Ministerio de Igualdade en cousas tan "prioritarias" coma, por exemplo, a creación dunha App para saber canto tempo lle dedicamos as tarefas domésticas, pero a base do problema segue sen abordarse, malia que é algo que, a lo menos desde Si, hai saída levamos anos e máis anos demandando, porque mentres isto non se faga, todo o resto é inútil, como inútiles están a ser as nosas demandas.

 

O máis desalentador é que todo isto define a verdadeira importancia que se lle dá neste país a violencia machista, un delito que se considera aínda menos que secundario.

 

Pensemos, por un momento, que a alguén lle rouban o coche no transcurso da fin de semana e que, cando se dispón a denunciar o roubo, se atopa coa oficina de denuncias pechada... A que se ía a armar!

Agora ben, se unha muller é agredida, e a Unidade na que debería presentar a denuncia está baleira, ninguén se racha as vestiduras. Non pasa nada, a todo o mundo lle parece normal.

 

Esta é, ademais, a resposta a por que moitos axentes, malia non ter nin a mais mínima vocación para traballar en nada relacionado coa violencia de xénero e non empatizar en absoluto coas vítimas, non dubidan en optar a un posto nesta Unidade, algo ao que acceden, como xa dixemos en máis dunha ocasión, única e exclusivamente, por méritos policiais, e así nos vai.

 

Achégase o 25N, falta pouco mais dun mes e xa se albiscan os primeiros sinais de "concienciación", xa se están a sacar as pancartas dos caixóns, e a apurar os días para a organización dos eventos que xustificarán os miles e miles de euros que tantos petos están a encher a costa da dor de tantas mulleres, pero en ningún destes eventos, en ningunha desas manifestacións, vai nomearse a raíz do problema, nin moito menos se esixirán solucións, malia ser obvias ambas.

 

É coma quen esixe maquillaxe, cando lle falta o máis básico, xabón para lavarse.

 

En ambos casos, o que importa é aparentar. Cosmética, e punto.

Con tal de non rascar a superficie e que non se vexa a sucidade, todo arranxado.

 

O dito, así nos vai... e moito nos tememos que imos a peor.

 

Asociación Si, hai saída