"La Xunta destina más de un millón de euros a contratar 33 agentes de empleo y 9 unidades de apoyo en entidades sin ánimo de lucro".
El Diario Oficial de Galicia publica hoy la convocatoria de ayudas para que las asociaciones contribuyan a la inserción laboral de personas con discapacidad o en riesgo de exclusión.
Santiago de Compostela, 28 de septiembre de 2023 El Diario Oficial de Galicia publica hoy la convocatoria de ayudas para que entidades sin ánimo de lucro contraten agentes de empleo y unidades de apoyo por un presupuesto de 1,1 millones de euros. La medida persigue apoyar a las entidades en la implantación de las políticas activas de empleo relacionadas con la creación de actividad empresarial y en la inserción laboral de personas con mayores dificultades, con discapacidad y/o en riesgo de exclusión social.
Las ayudas permitirán a las entidades sin ánimo de lucro incorporar o prorrogar los contratos de agentes de empleo y unidades de apoyo. Para ser beneficiarias, las organizaciones solicitantes deben establecer acciones específicas de conformidad con sus estatutos para la inserción, preferentemente, de las personas con discapacidad y/o en riesgo de exclusión social."
Comezo este artigo, reproducindo, textualmente, malia que poida parecer raro, varios fragmentos dunha convocatoria da Xunta de Galicia publicados no DOGA do pasado 28 de Setembro, pero que considero imprescindible para que quede claro o que vou explicar a continuación.
A que, a priori, semella ser unha boa nova para persoas pertencentes a colectivos máis vulnerables, entre as que se atopan, obviamente, moitas vítimas de violencia de xénero, de cara a facilitar a súa reinserción no mundo laboral, pode, e de feito sucede con moita frecuencia, chegar a convertersenun auténtico pesadelo para elas, algo que desde Si,hai saída vivimos con moitas das nosas usuarias e do que xa nos fixemos eco en varias ocasións.
Imos tentar explicar os motivos do xeito máis breve posible.
Desde o momento no que unha destas persoas queda desempregada e comeza a cobrar prestacións por desemprego, casi sempre bastante exiguas, xa que a maioría tiñan empregos en precario, a media xornada, ou mesmo por horas, é máis que probable que sexa convocada a acudir a unha cita de orientación laboral, para o cal deberán acudir a unha destas entidades, supostamente "sen ánimo de lucro", pero que deben xustificar que están a realizar as accións pertinentes para percibir as nada desdeñables subvencións, motivo polo cal o último que se ten en conta son as circunstancias das persoas as que convocan, que se atopan case sempre nunha situación moi precaria, primando os intereses de estas entidades, e baseándose, porén, en criterios que favorecen a estas, pero que o único que fan polos supostos "beneficiarios" é xerarlles unha ansiedade e unha presión que se engaden a súa xa complicada situación.
Así as cousas, pode suceder perfectamente, e de feito sucede, que unha persoa que non dispón de medio de transporte sexa citada nas instalacións dunha asociación que se atopa a 5, 10 e mesmo 11Kms! do seu domicilio.
O transporte público non é unha opción, xa que moitas destas instalacións se atopan fora do casco urbano, e, evidentemente, a posibilidade de facelo en taxi, que lle suporía, como mínimo, ida e volta, polo baixo, un gasto de 20€, é impensable.
De nada serve solicitar que lle cambien o lugar da cita a outro ao que poida acudir camiñando, malia existir esa posibilidade, porque entidades "sen ánimo" de lucro sobran, xa que, ademais de ser inútil, o única que vai obter a cambio é a ameaza que xa a vai a acompañar en tanto dure a súa situación de desemprego, "Si non te presentas, vanche quitar a prestación", ignorando por completo o feito de que non é que se negue a acudir, se non que, sinxelamente, non se pode permitir facelo.
Existe unha segunda opción, que é facer a entrevista de xeito telemático, e se a persoa a que se convoca por este medio non dispón do equipo preciso, e, malia que se pense o contrario, son moitas, é o seu problema, xa se pode buscar a vida, porque a única resposta que vai a obter é a mesma que no suposto anterior, "Se non a fas vanche quitar a prestación".
Moitas destas persoas que se atopan con algunha das situacións descritas, solicitan que se lles faga a entrevista do terceiro xeito que existe e que se especifica claramente na carta que se envía ao seu domicilio nos días posteriores a ser convocadas.
De novo é inútil, e de novo, como non!, a ameaza, "Vanche quitar as prestacións".
Como moito, a explicación é que a modalidade a que se lle convoca é realizada de xeito "aleatorio" (?), xa nos gustaría saber por qué ou por quen, e que non se pode mudar baixo ningunha circunstancia.
Naturalmente, de non poder responder a convocatoria, o que se lle traslada ao SEPE, é que a persoa citada se negou a realizar a entrevista ou que non se presentou, pero non a realidade, que é que lle resulta imposible facelo.......As subvencións son sagradas e non se poden poñer en perigo baixo ningún concepto, faltaría máis, co ben que se vive a conta delas!.
É, sinxelamente inhumano coaccionar, porque isto é o que fan, coaccionar, a aqueles que se atopan nunha situación de vulnerabilidade.
Cando un traballador en activo é convocado para realizar unha actividade de formación, en caso de ter que trasladarse, naturalmente se lle abonan os gastos que isto orixina, e non se lle ameaza, por suposto, con quitarlle o soldo de non poder acudir.
Se é de xeito telemático, como sucede con empresas que contan con varias sedes, oficinas, ou o que sexa en cada caso, o lóxico é que se faga no seu propio centro de traballo, e, por suposto, tampouco se lle ameaza con no pagarlle.
Pero, curiosamente, no noso país, estar en situación de vulnerabilidade está penalizado.
En resumo, o que, a priori, é unha boa nova, ten letra pequena, e moita ademais, e que, coma case sempre, o peixe máis grande devora ao pequeno.
Asociación Si, hai saída