Que o 2024 nos traia, alomenos, escrúpulos

01 de xaneiro 2024
Actualizado: 18 de xuño

O pasado Venres, alguén me mandou unha mensaxe para avisarme de que na canle “referente” na loita contra a violencia de xénero e “novo berce” do feminismo, seica, se ían emitir unhas entrevistas que me interesarían, seguro, pero que non me ían gustar, mais seguro aíndaspandejavu>

 

O pasado Venres, alguén me mandou unha mensaxe para avisarme de que na canle "referente" na loita contra a violencia de xénero e "novo berce" do feminismo, seica, se ían emitir unhas entrevistas que me interesarían, seguro, pero que non me ían gustar, máis seguro aínda.

 

Con todo e eso, dispúxenme a velas, ou, a lo menos parte delas, porque, a diferencia do que semella ser costume, a min, o mesmo que ao resto do equipo que me acompaña en Si, hai saída, dedicándonos ao que nos dedicamos, gústanos, e pensamos ademais que así debe ser, estar informados para saber ao que nos enfrontamos, e non nos guiarnos por comentarios. nin polo titular do momento, ou lendo a solapa do libro e soltándoa coma se foramos loros, pero sen saber nin o que dicimos porque tanto nos ten.

 

Efectivamente, a persoa que me avisou, atinou de cheo.

 

Os primeiros en ser entrevistados foron a irmán e o fillo da falecida María Jiménez, que foi, como ela mesma confesou, vítima duns brutais malos tratos por parte do seu marido, Pepe Sancho, tamén falecido.

 

Non sei que foi o que me resultou máis repulsivo, se ambos, a irmán e o fillo facendo caixa a costa da desgraza e da dor da súa nai e irmán, ou as xustificacións que tanto eles, como os "expertos opinólogos" que se están a cargar todo intento real de loitar contra a violencia de xénero esgrimían, chegando a afirmar o propio fillo de María que, malia todo, seu pai, o verdugo da súa nai, era "encantador" e que existía unha "extraordinaria complicidade entre ambos", algo que ratificaban os "expertos", case todos "paparazzis" vidos a menos que están a vivir un lucrativo rexurdir grazas a violencia machista, para, xa no colmo do escarnio a súa propia nai, manifestar que ambos eran "tal para cal" e que, con todo e eso, viviron momentos moi felices.

 

Mención aparte merecen as declaracións da súa tía, que contou como ela mesma foi testemuña de máis dunha agresión, que non moveu nin un so dedo para tentar axudar a súa irmán,pero que agora non ten nin o máis mínimo reparo en ir de plató en plató facendo negocio.

 

E todos estes desatinos apoiados e alentados polos "xornalistas" que aseguraban que malia todo o acontecido, ambos estaban moi namorados......Unha mensaxe moi "oportuna", nos tempos que corren, con mulleres asasinadas polas súas parellas ou ex parellas practicamente semana si e semana tamén!.

 

Acto seguido foi a quenda da nora e o fillo de Bárbara Rey, que, agás coa diferencia de que, neste caso, a propia vítima está, afortunadamente, viva e coleando, pero que, malia contar unha versión inicialmente máis que crible, coa que calquera muller que vivíramos o inferno da violencia machista, eu a primeira, nos sentimos máis que identificadas, está a botar por terra toda credibilidade e toda a súa dignidade participando nun negocio baseado en sacar a relucir todos os trapos sucios que se gardaban na súa casa, porque unha cousa é contar a súa experiencia coma muller maltratada, que, lonxe de ser malo, pode facer moito ben a mulleres que estean a vivir o mesmo, e outra moi diferente sacar a relucir todo o lixo familiar e non tan familiar, como as súas historias de cama con "Suma", que era, polo visto, o alcume utilizado polo emérito mentes durou o seu "affaire", e con diversos famosos da súa época de gloria.

 

Tampouco neste caso faltou quen xustificara a Angel Cristo, o maltratador, non soamente dela, se non tamén dos seus fillos, comezando pola súa filla a que introduciu no mundo da droga sendo tan so unha nena, e facendo do seu fillo unha auténtica ruína psicolóxica, con perdón, pero as cousas son como son.

 

Entre ambos casos houbo notas en común en abundancia, pero, se algo cabe destacar, é a evidencia da existencia de testemuñas directas desas brutais agresións que, se mire por onde se mire, incorreron nun delito de omisión de socorro, pero aos que, malia estar a confesalo publicamente, non lles trae ningunha consecuencia, cando o que realmente debería suceder é que foran castigados con todo o rigor que merecen, pero así funcionan as "leis" e a "xustiza" neste país noso de pandeireta, no que todo vale para facer negocio,política e encher petos.

 

O máis demencial de todo é que, mentres estes personaxes para os que xa non se me ocorren cualificativos soltaban o seu lixo pola boca, víamos como na pantalla se nos informaba da existencia do teléfono 016 de axuda a vítimas de violencia de xénero, para, a continuación, informarnos da volta do programa "La isla de las tentaciones" no que, ademais de amosar as mulleres coma auténticos xoguetes e obxectos sexuais, se fomentan dun xeito abominable os celos patolóxicos e as condutas machistas máis desprezables, pero totalmente aceptadas polas mulleres que participan nel, que, ademais de asumilas como normáis, ven nelas un xeito doado e rápido de gañar cartos fáciles e de acceder ao mundo do famoseo, que é ao que aspiran, e para o que non precisan formación ningunha.

Tan so ser escravas do seu físico mañá, tarde e noite, e prestarse a ser tratadas como mercadoría sexual.

 

O panorama non pode ser máis penoso, porque o acontecido neste programa, ademais de deixar en evidencia a utilización da violencia de xénero coma unha ferramenta para facer negocio, o fai tamén de coma nin a xustiza nin as leis actúan ante un delito tan grave como é a omisión de socorro, algo que non sucede tan so nestes casos nos que protagonistas e actores son coñecidos, se non tamén en todos e cada un dos casos nos que unha muller é asasinada.

 

Sempre hai quen, sexa familar, veciño ou amigo, diante dunha cámara ou dun micrófono,confesa que estaba ao tanto da situación da vítima, pero, malia isto, e a existir a evidencia da comisión dun delito, non hai consecuencia ningunha.

 

E que ninguén se decata de que moitas vidas se poderían ter salvado de ter cumprido estes personaxes co seu deber de dar parte do que estaba a acontecer, de que as propias leis, a propia xustiza, se converten tamén en cómplices dos executores materiais dos crimes que tantas vidas de mulleres, de nenos e nenas se están a levar por diante?.

 

máis nada disto semella importar.

Outra cousa sería se se tratara de calquera outro delito.

Alguén imaxina que, ante, por exemplo, o roubo dun coche, unha testemuña que presenciara o delito, calara, e que, de chegar a saberse, non lle trouxera consecuencia ningunha?. Verdade que non?.

Pero cando se trata de violencia machista, o silencio cómplice está aceptado, e, lonxe de ser asumido como o delito que é, todos, sistema incluído, dan por ben feito mirar a outro lado e calar.

 

É obvio que isto non vai mudar, por máis que preguemos que se faga, polo que, o único que nos queda é pedirlle ao novo ano que traiga consigo, xa non a solución, porque é imposible, se non, a lo menos, algúns escrúpulos, máis moito nos tememos que segue a ser pedir demasiado, non si?.

 

Asociación Si, hai saída