Tráxico "revival"

15 de xaneiro 2024
Actualizado: 18 de xuño

Cando apenas chegamos ao Ecuador do mes de Xaneiro, o primeiro mes do ano, xa temos que lamentar, que se saiban, dous novos casos de violencia machista en Málaga e outro, presuntamente, de violencia vicaria en Barcelona, que segou a vida de dous menores, no que semella ser, oxalá erremos, un tráxico "revival" do ano que acabamos de despedir, un dos mais arrepiantes en canto a violencia de xénero se refirespandejavu>spandejavu>spandejavu>spandejavu>spandejavu>

Cando apenas chegamos ao Ecuador do mes de Xaneiro, o primeiro mes do ano, xa temos que lamentar, que se saiban, dous novos casos de violencia machista en Málaga e outro, presuntamente, de violencia vicaria en Barcelona, que segou a vida de dous menores, no que semella ser, oxalá erremos, un tráxico "revival" do ano que acabamos de despedir, un dos mais arrepiantes en canto a violencia de xénero se refire.

 

Nun dos casos de violencia machista de Málaga, tal como sempre sucede, rapidamente se deixou claro que non existía ningún tipo de denuncia.

 

Oxalá se amosara tanta dilixencia en previr e en explicar as razóns cando, si existe, dos máis que estrepitosos e evidentes fallos que, desde as institucións e organismos competentes, tantas veces se cometen.

Lamentablemente, a vítima non sobreviviu a agresión.

 

No segundo caso, pola contra, aparentemente, a vítima estaba pouco menos que "blindada".

Si houbo denuncia, figuraba no sistema VioGén, existía unha orde de afastamento, e residía, ademais, nunha casa de acollida, malia o cal, baixo as presións da súa ex parella, que conseguiu contactar con ela, abandonou a casa na que residía e na que se supón estaba protexida, para reunirse con él nun hotel no que a retivo e a violou......presuntamente.

 

Afortunadamente, grazas a intervención da propietaria dese hotel no que se aloxaron e aconteceron estas agresións, puido salvar a vida.

Dito doutro xeito, o sistema, unha vez máis, fallou dun xeito inxustificable, pero evidentemente, a razón é obvia, e tamén silenciada: O fallo estivo na base, coma na inmensa maioría dos casos.

 

Coma sempre, non faltou quen culpara a vítima, por ter accedido a reunirse con el.

Ninguén tivo en conta a dependencia psicolóxica que estas mulleres chegan a ter dos seus agresores, nin as posibles ameazas coas que son presionadas, como semella que sucedeu neste caso,e o conseguinte pánico delas, que as fai ceder e encontrarse de novo cos seus agresores, quebrantando elas mesmas as medidas destinadas a protexelas.

 

Tampouco ninguén, pola contra, se parou a considerar a facilidade que o seu verdugo tivo para contactar con ela, malia a orde de afastamento, que sempre vai acompañada da prohibición de contactar coa vítima por calquera medio, ben sexa telefónico, telemático, por medio de terceiras persoas....., e de que ela residira nunha casa de acollida, así como o feito de que ela abandonara a casa de acollida sen o menor problema, sen que ninguén se decatara do que estaba a ocorrendo, nin deran, polo visto, a voz de alarma ante a marcha da muller.

 

O caso é quitarse de coidados e trasladar a responsabilidade a quen se poida, que, adoita ser, como non, a propia vítima.

 

As razóns de que todo isto sucedera?.

Coma sempre, residen na base: Prevención, cero, e, malia ser, por dicilo dalgún xeito, "oficial" o risco que esta muller corría, o seguimento que se lles estaba a facer, tanto a ela como ao agresor, era nulo, pero, por suposto, disto non se fala.

É preferible culpar a propia vítima, e punto, a outra cousa.

 

Que a sociedade non sexa capaz de entender isto, é,por suposto, grave, moi grave, unha sociedade que se moviliza por un bico, que non dubida en apoiar a famosa do momento dando a súa historia por boa si ou si, pero que fica indiferente ante os asasinatos machistas cometidos ao seu carón.

 

Seguindo a tónica habitual, a día de hoxe, menos dunha semana despoís, xa ninguén fala destes casos, básicamente porque xa ninguén se lembra deles, nin sequera do que se levou por diante a dous meniños, pero continúa seguindo con toda atención as pegadas do bico da "Sra.", así entre aspas, Hermoso, ou as testemuñas das famosas de medio pelo que acordaron tempos mellores e atoparon na violencia de xénero un filón para tentar volver a actualidade,e, obviamente, para restablecer a liquidez dos seus petos.

 

É cruel, moi cruel, como cruel é a nosa sociedade, a que entre todos creamos, cada vez máis deshumanizada.

 

Pero máis grave aínda é comprobar como todos os actores que interveñen na protección das vítimas, comezando polas FCSE, fundamentais, tanto na súa protección como na labor de prevención de este tipo de situacións, se dean.

 

É totalmente inxustificable que, tanto que se nos vende a impecable formación que teñen en violencia de xénero, obvien reiteradamente que unha das situacións as que posiblemente se teñan que enfrontar é a de que sexa a propia vítima a que quebrante a orde de afastamento, como tamén é máis que probable que o agresor o intente reiteradamente e finalmente o consiga, ou, a lo menos contactar con ela, e que é imprescindible un seguimento de ambos que case nunca se fai.

 

De que serve que o xuíz conceda unha orde de afastamento, que a vítima figure no famoso sistema VioGén, ou que mesmo sexa enviada a unha casa de acollida, se a partir dese momento os responsables se desentenden de ambos?.

 

E isto non é unha cuestión de orzamentos, nin de campañas "de concienciación" desde o goberno.

É cuestión de profesionalidade, de responsabilidade.....e de humanidade!, básica no currículo destes supostos profesionais, pero que, curiosamente, non se ten en conta.

 

Evidentemente, nada disto se vai a arranxar en tanto os agresores constaten, como está a suceder ata agora, que o quebrantamento das ordes de afastamento quedan practicamente impunes, e que, desde as FCSE semellen non ter en conta que o maltratador que pense en matar, de non tomar medidas de prevención , vixiancia e protección da vítima moi rigorosas, vai a acabar, máis tarde ou máis cedo, como xa está lamentablemente, máis que demostrado, por máis que se tente obvialo, por facelo.

 

Por outra banda, e malia que poida soar desatinado, tal vez non estaría de mais que as vítimas que facilitan o quebrantamento da orde de afastamento aos seu agresores, fora, dalgún xeito, "penalizadas", deixándolles claro, por suposto, que non se trata de ningún castigo, nin de culpabilizalas, se non dun xeito máis de protexelas, para, de seguido, traballar con elas para tentar que superen esa dependencia que teñen deles.

 

E, por suposto, os profesionais encargados de protexelas, e que, a vista está, non sempre cumpren co seu cometido, deberían ser castigados con todo o rigor e mesmo cesados de reincidir. Non esquezamos que teñan nas súas mans as vidas de seres humanos.

 

Do contrario, e mentres non se leve todo isto a práctica, temos claro que cada ano que comece, será un tráxico "revival" dos precedentes, ou mesmo irán a peor.

 

Asociación Si, hai saída