Rodrigo, do mesmo xeito que os seus irmáns, naceu en México DF. Tras algunha volta a terras galegas e regreso ao novo continente, a familia Cota González estableceuse definitivamente en Pontevedra na súa adolescencia. Recoñece que foi mal estudante e tamén que a día de hoxe non descarta presentarse para aprobar a única materia que lle falta para ser Técnico Auxiliar de Electrónica. Con todo, a súa traxectoria profesional está vinculada ás palabras e non aos voltios ou amperios. Gústalle a escritura sinxela "como a música que fan os Ramones", só que aos neoyorkinos fáltalles un ingrediente do que Rodrigo Cota fai boa gala: a retranca.
A playlist de...#13: Rodrigo Cota
Radio
24
de xuño
2016
Actualizado:
27
de novembro
2024
Rodrigo Cota González, escritor, guionista e corrector de textos.

Máis novidades