A playlist de...#4: Daniel Macenlle

Radio
22 de abril 2016
Actualizado: 27 de novembro 2024

O intendente da Policía Local de Pontevedra, Daniel Macenlle, abre a través dunha selección musical biográfica a súa parte máis persoal

A playlist de...#4: Daniel Macenlle /
A playlist de...#4: Daniel Macenlle
A playlist de...#4: Daniel Macenlle

Desde zarzuela, pasando por composicións clásicas, a movida dos 80 ou a música folk. Pezas que selecciona este moañés de nacemento, residencia e sentimento. Puido ser enxeñeiro técnico agrícola, pero a súa verdadeira vocación era outra. Daniel Macenlle, intendente da Policía Local de Pontevedra, sempre ten presente unha máxima da súa avoa: estuda. Estando xa no Corpo licenciouse en Dereito, aprendeu idiomas e planea seguir ampliando as súas dotes poliglotas.