Radio Cerna 12feb2018

Radio
12 de febreiro 2018
Actualizado: 27 de novembro 2024

O lobo tiroteado na Serra do Cando alza as críticas contra a caza furtiva.

Radio Cerna 12feb2018
Radio Cerna 12feb2018

ASCEL, ADEGA e GEAS piden á Xunta que sexa máis dura coa caza furtiva de lobo ibérico. Un novo lobo apareceu tiroteado hai poucos días na Serra do Cando, nun espazo natural protexido como Rede Natura. Denuncian os ecoloxistas que non se trata dun caso illado nesta serra, onde xa houbo anteriores episodios de persecución e ataque aos lobos.