Radio Cerna 14mar2018

Radio
14 de marzo 2018
Actualizado: 27 de novembro 2024

Emilio Fernández: O cambio climático, o maior reto que temos por diante...

Radio Cerna 14mar2018
Radio Cerna 14mar2018

O catedrático en Ecoloxía pola Universidade de Vigo, Emilio Fernández Suárez, acudiu ao convide da Oficiña de Medio Ambiente da Universidade coruñesa para explicar en palabras sinxelas que é e que consecuencias ten o cambio climático para a nosa sociedade e ambiente. Cunha linguaxe amena, Fernández expuxo a súa visión da problemática mundial e sentenciou que, sen un cambio de sistema socioeconómico, será moi difícil superar o reto. Tamén analizou baixo unha mirada crítica o Acordo de París.