Radio Cerna 18dic2020

Radio
18 de decembro 2020
Actualizado: 27 de novembro 2024

Radio CERNA é a única produción radiofónica de Galicia especializada en medio ambiente e ecoloxismo.

Radio Cerna 18dic2020
Radio Cerna 18dic2020

Esta semana veu cargada de boas novas para os movementos ecoloxistas e para o patrimonio natural e cultural. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anula o proxecto eólico Serra do Iribio en Ancares-Courel, zona de Rede Natura; o Tribunal Supremo anula a licenza municipal da canteira de Cementos Cosmos de Triacastela, que ameaza o Ben de Interese Cultural Cova Eirós e tamén o TSXG se pronunciou a favor dos traballadores de Alcoa e en contra do ERE presentado pola multinacional. Ao par, apróbase o estatuto de electrointensivas.

Estas e outras novas, no último espazo de Radio Cerna de 2020. Felices festas e ata o ano 2021!