Boomer el último #29. Teimas, tocs ou costumes sen explicación

Boomer el último
19 de abril 2025
'Boomer el último' fala de teimas... ¿de JLo?
'Boomer el último' fala de teimas... ¿de JLo? / PontevedraViva

Quen máis e quen menos ten comportamentos que non pode evitar. Recoñézanse como teimas, compulsiones e sen chegar ao trastorno, tocs.

Jesús Fontanes e Marcial Outeda volven a reirse de si mesmos e confesan cales son eses procederes que repiten constantemente.

En casa, no coche, no supermercado, no traballo... apostan a que non son os únicos en caer neses hábitos sen lóxica nin razón.

Comedia, retranca, como é habitual en cada episodio do podcast e no que ademais, entran de cheo - aínda que non sexan teimas -, algúns nomes que son noticia estes días.

Serán Marcial e Jesús dous fans declarados de Jennifer López?, estarán atafegados ao saber que estará en xullo en Pontevedra?.