Martín Camiña, Kamitek, é pontevedrés. Achegouse á música a través da batería que lle regalaron durante a infancia.
Anos máis tarde formou parte de grupos punk e heavy metal da escea local, ata que se topou coa electrónica.
Está a pór en marcha un proxecto propiciado pola súa vocación de dj: Sinapse Local Concept.
O propósito é dar visibilidade á música electrónica, na súa vertente máis underground ou hardtechno, e a quen producen e pican estes estilos.
Polo momento conseguiu o apoio do Local de Música de Pontevedra que están a dar soporte físico e consello sobre como desenvolver a idea.