Yolanda Castaño volve a PontevedraViva Radio para falar de 'Economía e poesía: rimas internas'.
Este libro, publicado por Editorial Galaxia este pasado verán é o seu primeiro ensaio nos trinta anos de traxectoria profesional como poeta, filóloga, tradutora e videocreadora.
Unha primeira incursión neste xénero literario que foi recoñecido co Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2023.
A autora tira de experiencia no oficio da escritura para plasmar a necesidade dunha profesionalización e recoñecemento económico do labor da escritura e concretamente da poesía.
(Nota: o fondo da recreación sonora do podcast corresponde á lectura poética de Yolanda Castaño e o músico Isaac Garabatos celebrada na aula Val de Omar da Biblioteca de Andalucia, organizada polo Ateneo de Granada en setembro de 2021.)
![Ministerio de Cultura. Dirección Xeral do Libro, do Cómic e da Lectura Ministerio de Cultura. Dirección Xeral do Libro, do Cómic e da Lectura](/uploads/s1/45/65/69/6/cultura-lectura-infinita_4_638x359.jpeg)