Hernán Fariñas Vales é un pontevedrés que fai un par de meses mudouse a Valencia despois de vivir trece anos en Inglaterra. Desde comezos de novembro sumouse á marea de voluntarios en axuda ás persoas afectadas pola DANA, primeiro en Benetússer e despois en Catarroja. É o único español entre un nutrido grupo procedente doutros países europeos e americanos como Finlandia, Alemaña, Holanda, Polonia, Irlanda, Inglaterra, Francia, Arxentina, Colombia, Estados Unidos, Canadá, ... se autodenominan o 'batallón guiri'.
Teñen unha organizada forma de colaborar. Contactan con persoas afectadas a través dunha app. Axudan en tarefas de limpeza e distribúen material necesario. Para a súa adquisición teñen aberto un sistema de crowfunding en cuxo perfil colgan fotos e comentan o que fan cada día. Están os seus nomes, vese a cantidade doada e "todo vai destinado ao pobo".
"A nosa vida vainos a reclamar pero imos seguir cos ollos no pobo porque temos os contactos de persoas que seguen necesitando", cóntanos Hernán nesta charla.