Esta pontevedresa, Mara Iannelli, que agora ten dez anos, acumula xa todos os títulos galegos posibles da súa categoría en patinaxe de velocidade. Si súmanse probas dentro e fóra de España, o seu medalleiro supera a trintena.
Está federada co club vigués Celta Patín, onde acode tres ou catro veces por semana para adestrar. Non é que prefira a cidade olívica, é que aquí non hai mentores nin lugar apropiado.
O pasado setembro foi o seu máis recente competición, os World Skate Games que se desenvolveron en Italia onde quedou primeira absoluta feminina (amateurs) facendo oito quilómetros nun tempo aproximado de quince minutos, iso significa que levaba unha velocidade media de trinta e dous quilómetros por hora.
O seu adestrador, Chevi Guzmán, sabe o que son os títulos mundiais, os últimos, con ouro incluído na mencionada WSG de Rímini.
Durante a charla fálanos das habilidades que se precisan para patinar, das variantes do deporte da patinaxe, tanto en xeo como en asfalto; ou o tipo de patíns que se utilizan, que no seu caso se corresponde ao patín en liña de catro rodas.