Los diez lanzamientos 09 maio 2025

Los diez lanzamientos
09 de maio 2025
Edición de 'Los diez lanzamientos' do 9 de maio
Edición de 'Los diez lanzamientos' do 9 de maio / PontevedraViva

Comezamos edición axuntando xeracións porque Crocodilos son un pequeno dúo que interpretan cancións de Hombres G.

Colaboración de nomes galegos, os de Galician Army e Iván Ferreiro para o sinxelo 'Esa ciudad'. Syd dePalma trae o primeiro avance do seu próximo álbum.

Extraemos unha das versións que promociona unha cervexa madrileña para celebrar o próximo San Isidro, a de La La Love You.

Os novos tradis teñen dous lanzamentos neste programa, 'Valentina' de Ale Acosta, (produtor que conforma a metade de Fuel Fandango); e o novo disco de Mondra, o segundo, titulado 'De ronda'.

Marban revisionan o seu tema 'Tu novio de la muerte' xunto á La Bien Querida, os vigueses The Killer Barbies teñen novo álbum: 'El pop se autodestruirá en 4,3,2,1...' e outra das colabos deste venres vén con Loquillo e Manolo García que se incluirá en 'Corazones legendarios'.

E para completar, Kali Uchis que acaba de lanzar ao mercado o seu quinto disco 'Sincerely'.