Os granates van enfilando o final de tempada tocando case o ascenso.
Na viaxe ao Helmántico, o Pontevedra CF gañaba por 1 a 3 ao Salamanca e mantén os mesmos números para colocarse en Primeira RFEF como primeiro clasificado.
Toca neste capítulo de analizar o encontro en terras salmantinas, falar do desprazamento da afección pontevedresa e tamén mirar ás próximas e últimas tres xornadas de liga.
En todo iso están unha semana máis Manu Quiroga, Pablo Cacheda, Alexandre Dávila e Manu Otero.