Si a alegría estaba a facerse un oco cada vez maior neste podcast, neste capítulo estalou e sumouse a celebración.
Este pasado comingo o Pontevedra CF conseguía o ascenso a Primeira RFEF ao gañar por 4 a 2 ao CD Laredo.
Manu Quiroga, Pablo Cacheda, Alexandre Dávila e Manu Otero analizan ese encontro decisivo.
Tamén narran as horas previas ao partido e as posteriores coa consecuente celebración.
Toca falar, agora si, dunha xornada histórica para toda a familia granate.