Conversas na Ferrería #234. Nominacións aos Premios Goya 2025

Conversas na Ferrería
05 de febreiro 2025
Seve Casalderrey, Rocío Torres máis Nani Matos nas 'Conversas na Ferrería'
Seve Casalderrey, Rocío Torres máis Nani Matos nas 'Conversas na Ferrería' / Mónica Patxot

O segundo sábado do próximo mes de febreiro entregaranse os Premios Goya 2025. Tras a recente cita dos Premios Feroz celebrada en Pontevedra, o cine español reunirase na gala que este ano terá lugar en Granada.

Nas 'Conversas na Ferrería' volvemos abrir micrófonos para charlar sobre as nominacións que realizou a Academia de Cine para esta edición. Entregaranse até 29 premios, incluíndo o Goya de honra que recae esta vez en Aitana Gómez Gijón.

Contamos con Severiano Casalderrey, vinculado á docencia, crítico e programador de cine, membro da Academia Galega do Audiovisual e da Academia de Cine. Rocío Torres, procedente do sector da comunicación e do audiovisual, forma parte da Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización. E Nani Matos, director, guionista e actor. Pertence á Asociación de Actores e Actrices de Galicia e á Academia Galega do Audiovisual.

Desde os seus coñecementos profesionais e gustos persoais, achegan os seus pareceres sobre as candidaturas que optan a levar algún dos popularmente chamados 'cabezones'.

As películas que contan con máis posibilidades de premios son 'El 47' con catorce propostas, 'La infiltrada' con trece, 'Segundo premio' con once, 'La habitación de al lado' con dez, 'La virgen roja' con nove nominacións e en oito coinciden 'Casa en flames' e 'La estrella azul'.