Boomer o último #35. Como ligaban os boomers

Boomer el último
08 de novembro 2025
'Boomer el último' con Jesús Fontanes e Marcial Outeda PontevedraViva /Pixabay

Jesús Fontantes e Marcial Outeda deixaron atrás Halloween, pero seguen falando de pasar medo en ocasións. Medo... a unhas cabazas?.

E é que anos atrás unha frase temible era 'déronme cabazas'. Tempo despois podería cambiarse por 'fíxome unha cobra'. Neste episodio toca falar de: como ligaban os boomers.

Como se facía o achegamento a esa persoa cando por exemplo non existían as redes sociais?, ou mesmo, cando unha conversación telefónica tiña que ser chamando ao número fixo de casa... quen o viviron, sábeno.

Onde se ligaba?, tamén se ía a programas e concursos de televisión para atopar unha parella?, Marcial e Jesus lémbrancho.

Imos con ese play!, corazoncitos, maripositas e moita retranca noutra edición de 'Boomer el último'.