E esas caras?, que lles ocorreu aos responsables deste podcast?, rápida resposta: esta é unha edición de 'Boomer el último' para pasalo de medo.
Non destapamos nada ao dicir que a Jesús Fontanes e Marcial Outeda quedoulles un capítulo terrorífico.
Terrorífico porque puxeron a atención nas datas que se aveciñan e sacaron suxestións boomers para escoitar ou para ver no último fin de semana deste outubro.
Si o teu non é o de: truco ou trato, propoñen series e películas para pasar 'miedito' diante da pantalla; ou bandas e artistas de sons escuros.
Non só iso, Marcial e Jesús tamén deixan neste episodio algunha que outra confesión, porque tamén eles teñen as súas fobias... e por suposto, moita retranca.