8M 2026

'Mulleres que fan Poio' nos colexios

Mulleres da historia viva de Poio inspiran a escolares nas aulas

11/03/2026
Poio

As aulas de Poio están a ser durante estes días un espazo de aprendizaxe sobre a memoria local e a igualdade, dentro das actividades do 8M. A iniciativa municipal "Mulleres que fan Poio" traslada esta semana as historias de cinco veciñas aos centros de ensino do concello, utilizando como fío condutor...

Anxo Lourido
Xogadoras do CB Estudiantes e do AB Xinzo de Limia

8M | As pistas convértense nun espazo de reivindicación da igualdade no deporte

09/03/2026
Pontevedra

A celebración do Día Internacional da Muller tamén tivo o seu reflexo nas pistas deportivas esta fin de semana, nunha serie de encontros que combinaron competición e reivindicación do papel das mulleres no deporte. O pavillón do Pavillón do Príncipe Felipe acolleu o sábado un torneo de balonmán veterano no que...

Oskar Viéitez
Entrega dos Premios 8M en Vilaboa

As gardiás do Entroido de Cobres, premiadas polo 8M en Vilaboa

09/03/2026
Vilaboa

O acto de entrega do Premio 8M pechou en Vilaboa a xornada do Día Internacional da Muller, e fíxoo cun recoñecemento colectivo a un grupo de mulleres que co seu traballo e implicación durante anos mantiveron con vida unha tradición como o Entroido de Cobres. Foron 22 as mulleres homenaxeadas. Costureiras,...

PontevedraViva
Manifestación do 8M en Pontevedra convocada pola Marcha Mundial das Mulleres

8M | Chamada á "revolución" desde a Marcha Mundial das Mulleres "até que todas sexamos libres"

08/03/2026
Pontevedra

A falta dunha, até dúas veces mobilizouse o feminismo pontevedrés este domingo 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Ás 18.00 horas estaba convocada a segunda e última manifestación da xornada, neste caso promovida pola Marcha Mundial das Mulleres baixo o lema 'Feminismo é revolución'. Porque precisamente a iso, á revolución, chamaba a...

PontevedraViva
Acto institucional polo 8M en Sanxenxo

Tributo ás mulleres rurais de Sanxenxo polo Día Internacional da Muller

08/03/2026
Sanxenxo

O 8 de marzo, Día Internacional da Muller, viviuse este domingo 8 de marzo en Sanxenxo como homenaxe aos colectivos de mulleres rurais do municipio como piares do territorio e fontes de inspiración para a igualdade. Así o defendeu o Concello no acto organizado e que contou coa actriz e monologuista...

PontevedraViva
Entrega do premio 'María a das Mil Flores' a Estrella Cortegoso

A primeira mariñeira á boia de Arcade recibe o premio 'María a das Mil Flores' polo 8M

08/03/2026
Soutomaior

O Multiusos de Arcade foi escenario dun acto especial con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Alí entregouse o recoñecemento 'María a das Mil Flores', dentro da programación que contaba coa lema 'Herdeiras do Sal'. A muller homenaxeada foi Estrella Cortegoso, primeira mariñeira á boia da Confraría de Arcade. Un...

PontevedraViva
Manifestación en Pontevedra convocada pola Asemblea de Mulleres 8M e o colectivo 'Fulanas'

8M | O feminismo pontevedrés sae á rúa contra "a precariedade e o esquecemento"

08/03/2026
Pontevedra

O feminismo pontevedrés mantén a súa loita viva. Este domingo 8 de marzo, Día Mundial da Muller, dúas manifestacións foron convocadas na Boa Vila. A primeira, a protagonizada pola mañá pola Asemblea de Mulleres 8M Pontevedra e o colectivo Fulanas "contra a precariedade e o esquecemento", tal e como rezaba a lema...

PontevedraViva
Cristina Saiz
Andaina pola Igualdade en Caldas de Reis

Unha andaina reivindica o 8M en Caldas apelando a Rosalía de Castro: "Libre son, libre nacín"

08/03/2026
Umia

O Día Internacional da Muller conmemorouse este domingo 8 de marzo en Caldas de Reis con actividade física. Numerosas veciñas e veciños participaron na Andaina pola Igualdade organizada polo Concello de Caldas. Era o acto central da programación do 8M. Tratábase dunha ruta de 10 quilómetros de percorrido e dificultade baixa que contou...

PontevedraViva
Integrantes de Loita na Deputación de Pontevedra

Loita demanda neste 8M manter as terapias dos menores máis alá dos seis anos

08/03/2026
Pontevedra

O colectivo Loita acudiu este venres, 6 de marzo, ao Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra para facer entrega de folletos informativos sobre as súas reivindicacións. A acción tivo lugar durante o desenvolvemento do acto institucional programado para conmemorar o Día Internacional da Muller. Integrantes da asociación asistiron con camisetas identificativas para...

Anxo Lourido
Cristina Saiz
Acto institucional de Cerdedo-Cotobade co gallo do 8 de marzo

Carmen Rodríguez, Manuela López, Urcesina Cabanelas e Teresa Prado, homenaxeadas polo 8M

07/03/2026
Cerdedo Cotobade

O Centro Cultural Antonio Fraguas, en Carballedo, foi escenario do acto institucional de Cerdedo-Cotobade con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Unha xornada coa que reforzar o compromiso municipal pola igualdade recoñecendo a mulleres que contribuíron a mellorar a vida dos seus veciños. Nesta ocasión Cerdedo-Cotobade homenaxeou catro mulleres que...

PontevedraViva
Campaña do PSOE de Pontevedra polo 8M

Campaña socialista polo 8M para combater os bulos machistas amplificados polas redes sociais

07/03/2026
Pontevedra

Os bulos machistas alagan nos últimos tempos as redes sociais, e contra eles vai dirixido a campaña lanzada polo PSOE de Pontevedra coincidindo co Día Internacional da Muller. A través dun vídeo compartidos en diferentes canles e redes sociais e protagonizado por representantes da agrupación local socialita, pretenden concienciar sobre as...

PontevedraViva
Entrega do premio 8 de marzo da UGT a Margarita Barcia

"A pelea é nosa, de cada un", Margarita Barcia recolle o premio 8 de marzo da UGT

07/03/2026
Pontevedra

Este venres 6 de marzo, Moncho Vidal, secretario xeral de UGT, entregou o premio 8 de marzo a Margarita Barcia Sanmartín, traballadora dun supermercado Eroski desde hai 34 anos. A gañadora expresou a súa emoción e agradecemento tras recibir esta mención, con palabras dedicadas ás mulleres da súa vida, referíndose a elas como...

Luz Estrella Rosario Sánchez
Cristina Martínez Penas
Paula Barral recollendo o galardón da RFGF

A RFGF recoñece a adestradora pontevedresa Lucía Abreu no "partido das estrelas" polo 8M

06/03/2026
Pontevedra

O Novo Campo da Estrada foi o escenario do acto conmemorativo polo Día Internacional da Muller celebrado pola Real Federación Galega de Fútbol. O evento comezou ás 11:30 e contou coa presenza de numerosas personalidades como actrices, artistas, políticas, presentadoras ou futbolistas que participaron no "partido das estrelas". Este é o segundo ano no...

Álvaro Arosa
Acto polo 8M na Subdelegación do Goberno

Recoñecemento aos CIM por ser "verdadeiras pancas de cambio" que loitan polas mulleres

06/03/2026
Pontevedra

A Subdelegación do Goberno en Pontevedra celebrou este venres o Día Internacional da Muller recoñecendo os 27 Centros de Información á Muller (CIM) provinciais, coa entrega dun galardón a Montserrat González, presidenta de ASOCIM, por parte do subdelegado Abel Losada En palabras de Losada, trátase de "un modesto premio para as...

Almu Dapena
Cristina Saiz
Acto institucional en Bueu co gallo do 8M

'As voces do futuro' reivindican o 8M en Bueu

06/03/2026
Bueu

O Concello de Bueu celebrou este venres o acto institucional con motivo do Día Internacional da Muller, que se conmemora cada ano o 8 de marzo. O protagonismo do acto foi para o alumnado de 6º de Primaria do CEIP Plurilingüe A Pedra, lendo a declaración institucional 'As voces do futuro'. "Lembramos...

PontevedraViva
Acto polo 8M na Deputación de Pontevedra

8M | "Avanzar non debería ser unha batalla individual, debería ser un compromiso compartido"

06/03/2026
Pontevedra

A Deputación de Pontevedra conmemorou este venres o Día Internacional da Muller no vestíbulo do Pazo Provincial coa lectura do manifesto a cargo de Marina Pérez González, directora deportiva e secretaria das Traviesas Hockey Club. Marina Pérez, a única muller que adestra un equipo masculino en categoría nacional de hockey sobre...

Almu Dapena
Cristina Saiz
20260306 Saiz concello 8m 0941

Pontevedra desprega a pancarta polo 8M: "As mulleres xa saímos da casa e non queremos volver"

06/03/2026
Pontevedra

O Concello de Pontevedra deu este venres o pistoletazo institucional ao 8M coa colocación da pancarta do Día Internacional da Muller no balcón da Casa Consistorial. No acto participaron membros da corporación municipal e as alumnas de primeiro de Bacharelato do IES Frei Martín Sarmiento, Sara Asdih e Analía Estévez, encargadas...

Almu Dapena
Cristina Saiz
Begoña Vila Costas, científica da NASA

Alfombra vermella ás mulleres da ciencia nos colexios de Vilaboa

06/03/2026
Vilaboa

Baixo o nome de Paseo das Estrelas Científicas, a proposta educativa que se vdesenvolve en Vilaboa quere converter os centros de ensino nun espazo de talento feminino, buscando eliminar os estereotipos de xénero que historicamente dificultaron o acceso das mulleres ás carreiras tecnolóxicas e investigadoras. A actividade, deseñada pola concellaría de...

Anxo Lourido
Exposición 'Un abrigo propio'

Quince creadoras de Belas Artes habitan a Sala O Abrigo co concepto do cuarto propio

05/03/2026
Pontevedra

A facultade de Belas Artes de Pontevedra inaugurou este mércores na Sala O Abrigo a exposición "Un Abrigo Propio" A iniciativa, promovida polo colectivo estudantil Luscofusco, toma como referencia o ensaio de Virginia Woolf para reunir as propostas plásticas de quince alumnas do grao. A mostra explora a creación dun espazo, tanto...

Anxo Lourido
Acto de celebración do 8M no Concello da Lama

A Lama recoñecerá o esforzo de tres mulleres no acto central do 8M

04/03/2026
A Lama

O Concello da Lama xa ten perfilada a conmemoración do Día Internacional da Muller. Este vindeiro venres, 6 de marzo, o Salón de Plenos da Casa do Concello converterase no escenario dunha homenaxe institucional dirixida a poñer en valor a vida laboral e o compromiso social de tres veciñas do...

Anxo Lourido
Anabel Gulías presenta a programación do 8M

'Primavera feminista', Pontevedra conmemora o 8M con tres meses de actividades

04/03/2026
Pontevedra

Este ano, o Concello de Pontevedra impulsou un proxecto novo para alargar a axenda feminista, con actividades que dan voz ás mulleres, durante todo o ano. Anabel Gulías, a concelleira de Igualdade, expuxo a programación do Día Internacional da Muller de 2026 baixo a lema "Non van conseguir que o medo nos...

Luz Estrella Rosario Sánchez
Cristina Martínez Penas
Margarita Barcia Sanmartín

Margarita Barcia, Premio 8 de Marzo de UGT pola súa traxectoria sindical e laboral

04/03/2026
Pontevedra

A loita polos dereitos laborais e pola igualdade ten nomes propios. Este ano, a Unión Comarcal de UGT Pontevedra-Arousa-Deza recoñece o de Margarita Barcia Sanmartín, veciña da localidade marinense de Ardán, coa entrega do Premio 8 de Marzo. "Están en xogo os nosos dereitos, que non nos regalaron, e o futuro dos...

Oskar Viéitez
África González, catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo

África González abre este mércores a edición de 2026 do ciclo Ciencia en feminino

03/03/2026
Pontevedra

A Deputación de Pontevedra inicia este mércores, 4 de marzo, unha nova entrega do ciclo Ciencia en feminino. Esta programación, que se desenvolverá todos os mércores de marzo en colaboración co portal GCiencia, consiste nunha serie de entrevistas e mesas redondas en liña que teñen como obxectivo abordar o papel da...

PontevedraViva
Pancarta 8M Caldas de Reis

Igualdade desde a infancia, proposta de Caldas para este 8M

03/03/2026
Umia

Este martes 3 de marzo, Rocío Ferro, a concelleira de Igualdade, e o alcalde de Caldas de Reis, Jacobo Pérez, avanzaron o programa organizado polo Concello con motivo da celebración do Día Internacional da Muller. Céntrase no ámbito educativo e social, con actividades como talleres educativos, excursións e presentación de curtametraxes....

Luz Estrella Rosario Sánchez
A concelleira de Benestar e Igualdade, Natividad Torres

O Concello de Poio abre a convocatoria de axudas para asociacións de mulleres

03/03/2026
Poio

O Concello de Poio vén de abrir unha nova convocatoria de axudas dirixida ás asociacións de mulleres do municipio que impulsen iniciativas a prol da igualdade de oportunidades e contra a violencia machista. As entidades interesadas poderán presentar as súas solicitudes desde este mércores, día 4, ata o luns 6 de...

Oskar Viéitez
Acto do 8M en Cerdedo-Cotobade no ano 2025

Catro pioneiras locais porán rostro á loita pola igualdade

03/03/2026
Cerdedo Cotobade

O Día Internacional da Muller vai celebrarse en Cerdedo-Cotobade cun acto central que busca transformar a efeméride do 8M nun recoñecemento tanxible á memoria viva do concello. O vindeiro venres, 6 de marzo, o Centro Cultural Antonio Fraguas de Carballedo converterase, a partir das 18.00 horas, no punto de encontro dunha...

Anxo Lourido
'Contacontos pola igualdade e a diversidade' no 8M de Sanxenxo

Teatro de papel en Sanxenxo para concienciar sobre igualdade e diversidade

02/03/2026
Sanxenxo

Os colexios Telleiro e Abrente foron os primeiros centros educativos de Sanxenxo en recibir a actividade Contacontos pola igualdade e a diversidade, incluída na programación municipal do Día Internacional da Muller. É unha iniciativa deseñada para para nenos e nenas de 1º de Primaria. Usa o kamishibai, unha técnica de narración oral...

PontevedraViva
Carmen Docampo

Vilaboa rende homenaxe polo 8M ás mulleres que manteñen vivo o Entroido de Cobres

02/03/2026
Vilaboa

O Premio 8M do Concello de Vilaboa recoñece este ano a tres alicerces fundamentais do Entroido de Cobres: as costureiras, o grupo de veteranas e as mulleres da xunta directiva da Asociación Cultural Cobres. Responsables todas elas de transmitir de xeración en xeración o amor por unha das tradicións máis singulares...

Oskar Viéitez
Integrantes da Asemblea de Mulleres 8M Pontevedra e o colectivo Fulanas

A Boa Vila acollerá dúas manifestacións feministas este 8M

02/03/2026
Pontevedra

Pontevedra vivirá este 8 de marzo unha xornada de mobilización feminista por partida dobre. A cidade contará con dúas manifestacións ao longo do día, ambas con saída na Praza da Peregrina pero en horarios distintos. Ademáis da convocada pola Marcha Mundial das Mulleres baixo a lema 'Feminismo é Revolución’ para o...

Oskar Viéitez
Convocatoria da manifestación polo 8M

A Marcha Mundial das Mulleres convoca a manifestarse en Pontevedra o 8M

28/02/2026
Pontevedra

A Marcha Mundial das Mulleres (MMM) fai un chamamento a manifestarse en Pontevedra o próximo 8 marzo para reivindicar as vidas dignas das mulleres. Baixo a lema 'Feminismo é Revolución​​​​​​' a MMM insiste na necesidade de facer fronte desde o local á persistencia da desigualdade. Así, pediu unha "gran participación" na manifestación...

PontevedraViva
Marga Taboada e Rosana Martínez Boullosa

Soutomaior celebra o 8M baixo a lema 'Heredeiras do sal'

27/02/2026
Soutomaior

A concelleira de Igualdade e Benestar Social, Rosana Martínez Boullosa, e a técnica de Igualdade, Marga Taboada presentaron este venres a programación do 8M en Soutomaior. Baixo a lema 'Heredeiras do sal', o Concello quere visibilizar o traballo das mulleres do mar que tan importantes foron e son na vida do...

PontevedraViva
Luis López, presidente da Deputación de Pontevedra

A campaña "A nosa meta, a igualdade" toma as sedes da Deputación

27/02/2026
Pontevedra

A Deputación de Pontevedra deu a coñecer este venres a súa nova campaña institucional con motivo do 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres, baixo o lema A nosa meta, a igualdade. A iniciativa foi presentada en rolda de prensa polo presidente provincial, Luis López, quen subliñou que a elección do...

Oskar Viéitez
Actividades Día Internacional da Muller 2025

Gastronomía, cine e formación na conmemoración do 8M en Bueu

27/02/2026
Bueu

Con motivo do 8 de marzo, o Concello de Bueu retomou un ano máis o programa de actividades exposto para homenaxear este día. Durante unha semana, do xoves 5 ao venres 13 de marzo, o municipio acollerá eventos formativos, proxeccións de películas, charlas e xornadas gastronómicas, co fin de visibilizar a...

Cristina Martínez Penas
Un cartel con motivo do 8M en Meis

Convidan a poñer cor á igualdade no VII Concurso de Carteis de Meis polo 8M

27/02/2026
O Salnés

O Concello de Meis aposta, un ano máis, pola creatividade do alumnado como ferramenta de sensibilización social. Coa vista posta no vindeiro 8 de marzo, a administración local vén de convocar a sétima edición do Concurso de Carteis polo Día da Muller, unha iniciativa que xa permanece como un piar fundamental na programación educativa...

Anxo Lourido
Presentación da campaña do 8M en Marín dedicada ás coidadoras do SAF

Mulleres do Servizo de Axuda no Fogar en Marín recibirán a homenaxe do 8M

26/02/2026
Marín

O Concello de Marín presentou este xoves a programación institucional deseñada para conmemorar o Día Internacional da Muller. Nesta edición, o goberno local centra as actividades no colectivo que integra o Servizo de Axuda no Fogar (SAF), baixo o lema “SAF, os coidados que melloran vidas”. A alcaldesa, María Ramallo, acompañada...

PontevedraViva
Presentación da programación do 8M

Poio presenta a súa programación para o 8M

26/02/2026
Poio

O Concello de Poio presenta a programación coa que conmemorará o Día Internacional da Muller. Os actos darán comezo o venres 6 de marzo coa homenaxe 'Mulleres que fan Poio', un acto no que recoñecerán a traxectoria e o compromiso de Carmen Pazos García (San Salvador), Carmen Soto Buceta (San Xoán),...

PontevedraViva
Andaina pola igualdade en Meaño

Reivindicación da igualdade en Meaño cunha variada programación polo 8M

26/02/2026
O Salnés

O Concello de Meaño potencia un ano máis o seu compromiso coa loita pola igualdade de xénero a través dunha completa programación con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller. O goberno local deseñou un calendario de actividades que abrangue dende actos institucionais e reivindicativos ata momentos para a...

Anxo Lourido
Sede da UNED en Pontevedra

Mulleres referentes en política exterior dialogarán polo 8M na UNED

23/02/2026
Pontevedra

Dentro dos actos conmemorativos do 8 de marzo, día internacional da muller, a UNED Pontevedra celebrará unha xornada especial que pon o foco no papel das mulleres no mundo actual e a súa influencia na axenda global de igualdade e dereitos humanos. Este acto, que será o venres 5 de marzo...

PontevedraViva